Sobre as 16,30 horas un home duns 40 anos foi sorprendido golpeando cunha machada unha das verxas da parte traseira do Centro Médico (pechado neses intres). O decatarse polo ruído unha persoa, que pasaba polas inmediacións do pavillón polideportivo, do que estaba a pasar o home fuxiu. Foi avisada a Policía Local e a Garda Civil e arestora están tentando localizar a esta persoa. Ó parecer xa está identificada.
O feito non ten nada que ver coa folga sanitaria. Ó parecer foi unha persona con síntomas de toxicomanía por problemas de dependencia.