O Concello

O concello de Pontecesures pertence ás terras ás que, noutros tempos, dabanselle o nome de Ullán e que están ás beiras do río Ulla, preto á súa desembocadura na ría de Arousa

Extensión e poboación

Este pequeno concello de 6,7Km2 e 3.201 habitantes atopase no límite septentrional da provincia de Pontevedra. Antigamente foi un importante porto histórico. O concello de Pontecesures acadou a súa independencia fai 75 anos, contituindo un pequeno enclade de notabel dinamismo xeográfico e económico

División administrativa

Ten unha única parroquia, San Xulian (antigamente San Xulian de Requeixo) e das seguintes entidades de poboación / lugares:

  • O Cagaxol
  • Carreiras
  • Condide
  • O Couto
  • Fenteira
  • Grobas
  • Infesta
  • A Paxareira
  • Portarraxoi
  • Porto de Abaixo
  • Porto de Arriba
  • Redondo
  • San Luís
  • San Xulián
  • O Souto
  • A Toxa

    A súa capital é Infesta. Na actualidade pertence á comarca de Caldas ainda que, dende o punto de vista xeográfico, forma parte da veiga de Padrón.

    Orografía

    Distínguense dúas unidades xeográficas diferenciadas: unha, practicamente chá e de altitude media moi baixa que atopase ó lado do río Ulla, sendo a zona de maior densidade de poboación, e outra que está nunha zona de relieve bastante pronunciado, sendo á altura máxima a que atopamos nos montes de Lomba e Salgueira.

    Red hidrográfica

    A rede fluvial está dominada polo río Ulla, que sirve, en parte do seu trazado, de límite municipal. Existen tamén pequenos regatos que nacen nos montes cercanos e que chegan ó Ulla. No concello de Pontecesures o río é navegable e marca o inicio do gran estuario interior da ría de Arousa.

  • Cómo chegar

Un Comentario

  1. Carmen Barreiro
    Publicado: 18-04-2006 a las 16:56 | Permalink

    Puentecesures está situada nun lado do río Ulla, que segundo os Romanos simbolizaba a Roda dentada de Mercurio. Este río foi cuna das históricas alfarerías fenicias e dos emporios madeireiros.
    De Pontecesures foron os pioneiros da “Infantería de Marina do Arzobispo Xelmírez”, que frearon os piratas Nórdicos que entraban pola Ría de Arousa.

Publicar un Comentario

Debes iniciar sesión para publicar un comentario.