O venres, día 1 de febreiro, Festival de Entroido no CPI Pontecesures.

Será a partir das 11,30 da mañá no Pavillón Polideportivo e desfilarán disfrazados tódolos alumnos/as. Para este acto están convidados tódolos pais/nais.
Antes do desfile tamén os alumnos/as celebrarán a festa nas aulas.
Lémbrase que tódolos nenos/as do centro saen o venres día 1 de febreiro ás 14,05 horas. O sexa que horario de saída de secundaria será ese día o mesmo que o de primaria.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN

Mañá día 31 comeza a aplicarse a zona azul na rúa San Lois.

A partir do día 31 de xaneiro de 2008 comeza a aplicarse a zona azul na rúa San Lois de Pontecesures (dende o Bar Mambís ata ó monumento ó coche de pedra), polo para estacionar no citado tramo e obrigatorio o uso do disco horario (estacionamento gratuito con limitación de 1 hora). Os primeiros oito días serán de adaptación e así os conductores serán notificados cunha nota informativa da Policía Local a modo de aviso, para aplicar despois dese prazo as sancións oportunas en caso de incumprimento.
Lémbrase que a zona azul rexe de luns a venres de 9 a 13 horas e de 17 a 20 horas, e tamén os sábados de 9 a 13 horas.

Zonas de carga e descarga na rúa San Lois a partir de mañá día 31.

No día de hoxe foron sinalizadas dúas zonas de carga e descarga na rúa San Lois (unha na Plazuela e outra na intersección coa rúa Nova, fronte o Bar Taxi). A carga e descarga, e polo tanto a prohibición para aparcar vehículos alleos ó transporte de marcadorías, será de luns a venres de 9 a 12 horas e de 17 a 19 horas.
A medida aplicarase a partir de mañá día 31 de xaneiro.

Festa de entroido da Escola Infantil Municipal de Pontecesures.

O día 1 de xaneiro, a partir das 17,00 horas, no Polideportivo Municipal de Pontecesures terá lugar a festa de entroido organizada pola Escola Infantil para os alumnos/as do centro.
A celebración consistirá nun desfile de tódolos nenos e nenas da escola acompañados polo persoal da mesma e nunha merenda. Haberá tamén moitas sorpresas.
A Escola Infantil convidou á festa a tódolois membros da corporación.

Ediles y expertos en imagen formarán parte del jurado del desfile de carnaval de Pontecesures.

Los concejales de Cultura, Jesús Rey, y de Xuventude, Javier Quintá, junto con una maquilladora y una peluquera formarán parte del jurado encargado de otorgar formarán parte del jurado encargado de otorgar los premios del concurso de disfraces, que se celebra este domingo en la Plazuela de Pontecesures. A las 17,30 comenzará el de niños y a las 19,30 el de adultos, que recorrerán las calles más centricas de la villa para lucir sus disfraces. Las inscripciones se realizarán en la propia Plazuela minutos antes de que comience el certamen.

DIARIO DE AROUSA, 30/01/08

O día 6 de abril, XIII edición da Festa da Lamprea.

No suplemento «Rias Baixas» do Diario de Pontevedra do día de hoxe, confeccionado para a Feira de Turismo FITUR, aparece o anuncio da Concellería de Cultura do Concello de Pontecesures sobre a XIII edición da Festa da Lamprea, que se celebrará o domingo día 6 de abril de 2008.
Esta data foi comunicada pola presidencia ós membros da corporación no pleno do pasado día 28 de xaneiro.