O 6 de maio festa na honra de San Xoán do Raio en Padrón.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Ás 11:00 horas haberá pasarrúas co grupo Airiños

Ás 12:00 horas terá lugar a Misa Solemne na Igrexa Parroquial cantada pola Coral das Aulas da 3ª Idade de Padrón.

Ás 13:00 horas no Auditorio actuará a citada coral.

O Colectivo da 3ª Idade do Concello de Padrón poderá participar a continuación nunha comida de confraternidade no Restaurante Scala onde haberá baile ás 17:30 horas, rematando os actos ás 19:00 horas.

Dende ás 10:00 horas da mañá estará operativo un servizo de autobuses para recoller ás persoas maiores que desexen asistir ós actos festivos.

Tódolos actos son organizados e patrocinados polo Concello de Padrón (Concellería da 3ª Idade).


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.