O vindeiro venres 5 de setembro,a parroquia valguesa de Santa Cristina de Campaña,celebrará por todo o alto a festa na honra da virxe da Lanzada,cunha verbena impresionante que dará comezo ás 23 h. da man da coñecida orquestra COSTA OESTE,formación composta por 8 musicos e 4 cantantes,que lle dará despois paso,a partires das 00,30 h. , a unha das orquestras máis demandadas do momento,a orquestra CAPITOL.Esta orquestra con base en Bertamiráns,pasa por ser a formación do seu tipo que máis discos vende en Galicia,sendo unha das orquestras que máis marca tendencia en canto ó repertorio de baile.Ademais CAPITOL conta cunha montaxe impresionante,cun equipo de son de última xeración e cunha iluminación apoia por robotica e por grandes pantallas de tecnoloxía Led,que estan montados sobre un dos escenarios móbiles máis grandes de España,e que estrenaron o 13 de xuño deste ano nas festas do viño no San Antoniño de Barro.Merece a pena disfrutar dunha gran verbena que durará ata as 5 da madrugada,e que ten como aliciente un man a man que será único en Galicia,dada a enorme complexidade que existe en facer coincidir na festa a estas dúas grandes orquestras.
Cultura
O xoves 28 de agosto celébranse as Milagres de Requián.
Neste lugar do Concello de A Estrada, pero tan próximo a nós, célébrase o videiro xoves a tradicional romaría da Virxe das Milagres que arrastra moitas persoas de toda a comarca.
A partir das 8:00 horas, haberá misas rezadas de hora en hora (a das 11:00 en galego), sendo ás 13:00 horas a solemne coa procesión da Santa.
Pola tarde as misas serán ás 18, 19 e 20 horas.
A música, perante todo o día, correrá a cargo da charanga «Os Xirimbaos» a Banda de Gaitas de Barbude e a Banda de Música Cultural de A Estrada.
Ás 20:30 horas principiará a gran verbena coas orquestras «Limón» e «Costa Oeste».
O venres 29 de agosto celebrase tamén en Requián o día da Nosa Señora da Piedade con misa solemne e procesión das Santas ás 13:00 horas.
A orquestra «Miramar» actuará na sesión vermouth do mediodía, e a verbena nocturna contará con dita orquestra e coa «Noche de Estrellas».
Educación
Curso de manipulador de alimentos en Padrón.
Celebrarase o sábado día 30 de agosto no Centro Social de Padrón (ó lado da Igrexa) en horario de 10:00 a 13:30 horas.
Teléfonos de información: 981-873507, 646-667823 e 627-657844
Outros concellos
Protección Civil de Valga auxilia todos los días a una media de 50 peregrinos.
Los voluntarios de Protección Civil de Valga llevan todo el verano atendiendo a una media de cincuenta peregrinos que llegan al municipio en su camino hacia Santiago. Son cuatro voluntarios los que se encargan de cuñarles la Compostelana, informar a los caminantes o auxiliarles cuando llegan exhaustos. Es tal la avalancha de peregrinos que este verano pasan por Valga, que Protección Civil prácticamente no tiene tiempo de nada más que de ocuparse de los caminantes.
En algunas ocasiones incluso tienen que habilitar el pabellón de la localidad para que puedan pernoctar en él los peregrinos que no tienen plaza en los albergues próximos o que llegan demasiado cansados para proseguir hasta el de Padrón.
En la mañana de ayer llegaron 36 peregrinos a Valga, entre ellos, un grupo de boy scouts procedentes de Italia.
LA VOZ DE GALICIA, 25/08/08
Curiosidades
Creceu en 2007 o número de vehículos en Pontecesures.
En 2006 tiñamos en Pontecesures 1.813 vehículos. En 2007 a cifra era de 1.985.
As actividades minoristas descenderon. Así en 2006 había 130, mentres que en 2007 tiñamos 124.
Tamén baixou o número de teléfonos fixos. De 869 en 2006, pasouse a 849 en 2007.
Sociedade
A finais de xullo, en Pontecesures había 232 desempregados/as inscritos nas oficinas de emprego.
Dos 232, temos 32 menores de 25 anos (15 homes e 17 mulleres) e 200 maiores (66 homes y 134 mulleres).
A finais de xuño había 233 desempregados/as.
Nos últimos doce meses temos en Pontecesures un 28,2% máis de parados. Son unhas malas cifras porcentuais.