O 5 DE SETEMBRO FESTAZA NA HONRA Á LANZADA EN CAMPA?A-VALGA

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. en

O vindeiro venres 5 de setembro,a parroquia valguesa de Santa Cristina de Campaña,celebrará por todo o alto a festa na honra da virxe da Lanzada,cunha verbena impresionante que dará comezo ás 23 h. da man da coñecida orquestra COSTA OESTE,formación composta por 8 musicos e 4 cantantes,que lle dará despois paso,a partires das 00,30 h. , a unha das orquestras máis demandadas do momento,a orquestra CAPITOL.Esta orquestra con base en Bertamiráns,pasa por ser a formación do seu tipo que máis discos vende en Galicia,sendo unha das orquestras que máis marca tendencia en canto ó repertorio de baile.Ademais CAPITOL conta cunha montaxe impresionante,cun equipo de son de última xeración e cunha iluminación apoia por robotica e por grandes pantallas de tecnoloxía Led,que estan montados sobre un dos escenarios móbiles máis grandes de España,e que estrenaron o 13 de xuño deste ano nas festas do viño no San Antoniño de Barro.Merece a pena disfrutar dunha gran verbena que durará ata as 5 da madrugada,e que ten como aliciente un man a man que será único en Galicia,dada a enorme complexidade que existe en facer coincidir na festa a estas dúas grandes orquestras.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.