O MARTES 23 DE DECEMBRO,A ORQUESTRA CINEMA ESTARÁ EN PALCO DE ESTRELAS DE RADIO VALGA

Este martes 23 de decembro, sobre as 22h., no programa «Palco de Estrelas», dirixido, producido e presentado por Daniel Seijas, estarán varios compoñentes da orquestra Cinema, coma Alberto Dopico, recoñecidisimo vocalista e moi coñecido polo seu papel de «Sito» na serie da TVG «Libro de Familia». Falarase da orquestra, dos cambios e da nova xira 2009.

Hai que recordar,que durante a época de Nadal, o programa emprezará as 20h., e os dous últimos xoves, por ser festivo, o programa adiantarase o martes 23 e martes 30 de decembro, despois do Nadal, no horario de sempre, os xoves dende as 19 horas.

Premio Modesto R. Figueiredo 2008

O vindeiro 22 de decembro, ás 12 horas, no Salón Nobre da Casa do Concello de Padrón comunicarase
o gañador do XXXIV Certame Nacional Galego de Narracións Breves ??Premio Modesto R. Figueiredo? 2008, organizado pola Fundación do Pedrón de Ouro, coa colaboración da Concellaría de Cultura do Excmo. Concello de Padrón e que por vez primeira, se falla na vila de Padrón.