Hoxe comeza a liga de fútbol sala no pavillón de Pontecesures.

Participan as seguintes formacións: A Charca, Video Club Vibe, Rodesil, Leroño, Grúas Estación, Taberna Vieites, Bar o Pemento, Construlito, Estornela, Hierros Santa Cruz e NU-2.

Haberá tres partidos os luns (21:00; 21:45 e 22,30 horas) e dous os xoves (21:15 e 22:00 horas).

Hoxe os encontros son:
21:15 horas A Charca-Video Club Vibe
22:00 Rodesil-Leroño

Organniza o torneo o Pontecesures C.F e colabora o concello.

O BNG de Pontecesures solicita un pleno extraordinario para incluir obras no Fondo Estatal de Investimento Local.

No día de hoxe peresentouse no concello a seguinte moción:

Dona Margarita C. Garcia Castro, Dna. Cecilia Tarela Barreiro, D. Manuel Luis Álvarez Angueira, D. Xosé Antonio Baliñas Pazos e D. Arturo Ferro Gónzález, membros da corporación e pertencentes o BNG de Pontecesures.

EXPO?EN

Por mor da crise o goberno do estado ven de aprobar un fondo adscrito o MAP de 8.000 millóns de euros, que se van repartir proporcionalmente entre todos os concellos do estado en función da poboación, correspondéndole ao Concello de Pontecesures polos seus 3.139 habitantes, ata un máximo de 555.566 euros.

Segundo o R.D. Lei 8/2008, de 28 de novembro, as obras financiabeis van dende adecuación, rehabilitación ou mellora de espazos públicos urbanos, a promoción industrial, equipamentos e infraestruturas de servizos básicos nas redes viarias, de saneamento; a construcción, adecuación, rehabilitación ou mellora de edificios, equipamentos sociais, culturais e deportivos, até a construcción, adecuación, rehabilitación ou mellora da rede de auga potabel e tratamento de augas residuais. Serán, en todo caso, obras que non estivesen xa incluídas no orzamento municipal de 2009 (orzamento que a día de hoxe non existe) e de execución inmediata.

O BNG considera que debe ser o pleno da corporación quen formule esa proposta de obras e que se debe aproveitar o financiamento derivado deste plan para poñer en marcha actuacións que permitan asentar e mellorar os servizos públicos extendendo e ampliando a rede de servizos sociais, educativos e de seguridade vial, como unha boa arma para cubrir as necesidades dos que máis o necesitan en épocas de crise como a que vivimos.

Por este motivo, SOLICITAN,

A celebración dunha sesión extraordinaria do Pleno ao abeiro do art. 46.2.a) da Lei de bases de réxime local, par a aprobación do seguinte ACORDO:

Incluir dentro da proposta para o denominado Fondo Estatal de Investimento Local as seguintes obras:

1. Construcción dun comedor escolar no recinto escolar.
2. Construcción dun Centro de Día para os nosos maiores ne terreo das antigas casas dos mestres.
3. Construcción dun paso peonil elevado que una o camiño de San Xulián coa rúa do Pilar.

Pontecesures, 11 de decembro de 2008

KOMPLO CELEBRA O XI ANIVERSARIO

O próximo fin de semana, *Kompló* celebra o XI aniversario. Un aniversario diferente no cal poderanse gozar unhas instalacións totalmente renovadas, que ofrecerán un novo concepto de local. Un local no que se permitirá gozar un ambiente diferente polas tardes, transformándose no *Kompló* de sempre entrada a noite.
Será o Venres, Sábado e Domingo, e durante estes tres días celebraranse numerosas festas tales como Bacardi, Bacardi Limón, 100 Pippers, JB, Havana Club…

Máis de mil agasallos, sorteos entre os que se atopa unha consola Nintendo, Go-gos, azafatas, animación, degustación de canapés, invitacións, e ademais, regalaremos as novas camisetas.

Venres a partir das 23:00, Sábado a partir das 21:00, coa retransmisión do Barcelona-Madrid no local nas novas pantallas, e Domingo a partir das 18:00 da tarde, dirección e persoal esperan a clientes e amigos para gozar un ano máis dunha festa inesquecible.