Las botellas llenan el contenedor de vidrio de A Ponte y se acumulan hasta una marquesina.

Cansados de avisar al Concello de Padrón, vecinos del núcleo de A Ponte denunciaron ayer públicamente el estado del único contenedor de vidrio de la aldea, que no solo está a rebosar sino que también acumula cientos de envases vacíos a su alrededor debido a la imposibilidad de depositarlos dentro.
De acuerdo con los afectados, el contenedor no se vacía desde principios del mes de noviembre, pese a que llamaron en reiteradas ocasiones al Concello para dar cuenta de la situación. «Cada vez que chamas, falas cun funcionario distinto pero ninguén fai nada», explica uno de los afectados. Lo más grave para todos es que el contenedor se sitúa justo al lado de la marquesina en la que los niños de la aldea esperan el autobús escolar. Debido a la acumulación de los residuos de cristal, parte de las cajas con botellas ya invaden incluso parte de la marquesina, con el consiguiente riesgo para los pequeños de la aldea que, a día de hoy, casi ni pueden resguardarse en la marquesina en los días de lluvia.
A la vista de esta situación, más de un vecino se pregunta por qué el Concello no avisa a la empresa concesionaria del servicio de recogida de basura para que vaya al núcleo de A Ponte a vaciar el contenedor de vidrio, como así se hace con los situados en el casco urbano. El propietario de un establecimiento público asegura, además, que tiene parte de la bodega de su bar ocupada con más de 20 cajas de botellas vacías, en torno a 200 kilogramos de vidrio según sus cálculos, acumuladas durante las fiestas pasadas.
El Partido Galeguista se hizo eco de las quejas de los vecinos de A Ponte y ayer mismo presentó un escrito en el Concello en el que solicita que se retire cuanto antes todo el vidrio acumulado en dicho punto.

LA VOZ DE GALICIA, 10/01/09

Cazado en la autovía del Barbanza a 196 kilómetros por hora.

Las fuerzas de seguridad lo califican de «acto de salvajismo vial» ··Se detectó a las 18,15 horas del pasado martes

La Guardia Civil de Tráfico ha sorprendido al conductor de un turismo Ford Focus circulando a 196 kilómetros hora en un tramo de la autovía do Barbanza limitado a 80.

El hecho, que la propia policía califica de «acto de salvajismo vial», se detectó a las 18,15 horas del pasado martes día de Reyes y es el primero que se detecta en esta carretera la AG-11 desde su inauguración en diciembre pasado.

El imputado, de 36 años, fue puesto a disposición del Juzgado de Instrucción número tres de Santa Uxía de Ribeira.

EL CORREO GALLEGO, 09/01/09

O Ulla non leva auga para capturar a lamprea nas pesqueiras.

A tempada de captura no tramo de Padrón comezou o luns pero o baixo caudal non lle permite aos pescadores moverse polo río para traballar nas primeiras pesqueiras

A tempada de pesca da lamprea no Ulla ao seu paso polo concello de Padrón, arrancou o pasado luns, aínda que con máis pena que alegría. Por iso, aqueles que gusten do prezado peixe sacado de forma artesanal das augas á altura de Herbón deberán agardar a que veñan mellores tempos ou, alomenos, máis chuviosos. Ao igual que ocorrera o ano pasado, o río non leva caudal de auga, nin tan sequera o suficiente como para que os pescadores poidan moverse coa pesada barca de madeira que usan para botar e levantar as redes artesanais.
Deste modo, deben agardar a horas de subida do caudal (alomenos un metro) para poder colocar e sacar as redes nas pesqueiras denominadas Areas, as primeiras abertas no tramo do Ulla en Padrón. «Outro ano ruín», dicía onte un dos pescadores máis novos. Entre os máis experimentados están Manuel Vidal Lago, de 77 anos, e Juan Lago Suárez, de 74, que lembran que «fai falla moita auga para encher o río» e, por tanto, poder pescar lamprea coma noutros anos.
Para iso, ten que chover moito e durante moito tempo, engaden. «A choiva vémola na televisión, pero non sabemos para onde vai», conta Juan Lago. Manuel Vidal lembra, pola súa banda, que «no sur si houbo enchentes pero aquí nada» polo que teme que a tempada que acaba de comezar sexa «mala» e, ao igual que a anterior, «sacaremos para os gastos e acabouse». Pero como di o propio Manuel, «a natureza manda e non hai que facerlle».
O baixo caudal do río a estas alturas mesmo desanima a máis dun ata o punto de que «sácache as ganas de vir ao sitio», di un dos pescadores máis novos do grupo. Non obstante, os dous de máis idade recoñecen que despois de máis de medio século practicando a pesca artesanal da lamprea, xa «é máis unha afección ca outra cousa», tendo en conta que ningún deles é profesional.
Á espera
Á vista da situación, os pescadores, todos eles veciños da zona de Herbón, agardan as horas de máis auga no río resgardados na vella casiña de pedra levantada a beira do río, na que acenden unha boa fogueira para escorrentar o frío, como así fixeron onte pola mañá. Á porta da construción, Juan Lago lembra que «xa vin chegar a auga do río ata aquí mesmo», en alusión á cabana. Mentres, o seu primo Manuel Vidal conta que bastantes anos atrás, a carón do río catro ou cinco mulleres cargaban as lampreas que ían sacando do Ulla, preto dun cento en cada xornada, para ir a vendelas as prazas. Pero eses foron mellores tempos, que estes pescadores de lamprea veteranos xa ven afastados.
Manuel e Juan son familia descendente dos irmáns dos que arranca a maior parte da titularidade de explotación das pesqueiras, nas que tamén hai «partes máis pequenas» o que condiciona o reparto das capturas, cando as hai . Non é o caso agora, cando os pescadores tamén falan do «cambio do tempo» para explicar como atopan o Ulla nestes días de xaneiro. E, como se teme un deles, «o tempo non cambia nin para Deus».

LA VOZ DE GALICIA, 09/01/09

«Non houbo treboadas nin choiva como para abrir as fontes» din nas pesqueiras.

Pese a que o Ulla leva moi pouca auga, aos pescadores de máis idade non lles falta a ilusión por ir ao río cada tarde a botar as redes e cada mañá a levantalas. «Hai que estar as maduras e as verdes», explica Manuel Vidal. Polo de agora, debido ao escaso caudal, só botan tres das 17 redes que se poden estender nos 11 ocos que forman as pesqueiras de Areas, nas que poden traballar ata o 30 de marzo. A partir do primeiro luns de febreiro e ata o 30 de abril, a pesca trasládase ás pesqueiras de As Vellas, O Canal e A Trapa, ubicadas por esa orde no río, todas no tramo de Herbón. Nas de Areas, os pescadores botan as redes nos buratos do medio do río, o tramo con máis auga, e aínda así algunha delas queda pendurada no aire. «Parecen bandeiras», di un deles. Antes do comezo de cada tempada, os pescadores cumpren co ritual de reparar «un pouquiño» os aparellos artesanais de pesca, dende as redes aos ferros e mesmo a barca de madeira. Asemade, piden permiso a Augas de Galicia para arranxar as pesqueiras do río. Agora, agardan que o tempo cambie e que chova o que non choveu ata o de agora de modo que, recordan, «non houbo treboadas nin abriron as fontes de auga».

LA VOZ DE GALICIA, 09/01/09