Falece un segundo xove ferido no accidente do día de Nadal preto de Padrón, na Autovía do Barbanza.

O xove de 22 anos, Francisco Muñiz Briones veciño de Palmeira morreu o 31 de decembro polas feridas de dito accidente na Autovía do Barbanza, termo de Dodro, no que tamén perdeu a vida Alberto Villaverde Pérez, de 19 anos. O xove falecido o día de fin de ano, tiña un traumatismo craneoencefálico moi grave. Franciso Muñíz ía de acompañante do autómobil sinistrado.

El escritor y periodista cesureño «Borobó» dedicó uno de sus anacos a Andrés Segovia, hace 50 años.

BOROB? A ANDR?S SEGOVIA, EL 29 DE DICEMBRE DE 1.958, EN EL CORREO GALLEGO.

El celebre periodista Raimundo García Borobó dedica a la reciente actuación de Andrés Segovia, en el Hostal, uno de sus anacos: ??Y es que Rosalía de Castro (contra lo que puedan suponer los que hayan leído la biografía de don Victoriano García Martí) no tocaba la gaita, sino la guitarra. Y la tocaba admirablemente, aunque no tan bien como Andrés Segovia?.

A Asociación Veciñal de San Xulián solicita un paso de peóns dende o Camiño de San Xulián ata a Rúa do Pilar.

Comunicou a xunta executiva de dita asociación ao concello, que a asamblea xeral, con data 17/10/08, acordou solicitar este paso.

Xa espliquei no pleno e nos medios de comunicación, que, proximamente, a Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra vai sinalizar dito paso. Para isto vai construir unha berarrúa paralela o talud sobre a actual beiravía saíndo da Rúa do Pilar. Pintarase o paso de peóns fronte á esqueira recentemente construida dende o Camiño de San Xulián ata a rúa José Novo Núñez. Este paso levará un semáforo en ámbar de protección e unhas bandas previas na calzada.

Veciños de San Xulián solicitan que se adopten medidas pola presenza dun can perigoso no lugar.

Veciños de San Xulián, a través da asociación de veciños de lugar, veñen de solicitar no concello, achendo pregos de sinaturas, que se adopten medidas pola presenza no lugar dun can, ás veces ceibo, e sen buceira, que pode ter as características dos cans potencialmente perigosos regulados na normativa, e que, en ocasións, manifesta síntomas de comportamento agresivo e perturba de xeito reiterado a tranquilidade dos veciños.

O párroco convida aos feligreses de Pontecesures a cantar panxoliñas o sábado día 3 de xaneiro

O párroco de Pontecesures, Arturo Lores Santamaría, informou na misa de aninovo, que despois da misa das 18:00 do sábado día 3 de xaneiro, un grupo de persoas cantará panxoliñas no propio templo convidando aos feligreses para que, individualmente ou en grupo, fagan a súa aportación, cantando as panxoliñas que desexen neste tempo do Nadal.