O xantar da peña do bar Mambís será o 17 de xullo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O venres 18 de xuño, houbo unha xuntanza de integrantes (asistiron uns 20) da peña «Más vale tarde que nunca» que ten a súa sede no Bar Mambís de Pontecesures e que ten 95 peñistas.
Adoptouse o acordo de celebrar o xantar de remate de tempada no restaurante Carabela o sábado, 17 de xullo, ás 14:30 horas.
O menú, que ten un prezo de 30 euros, é o seguinte:

-Langostinos
-Ameixas
-Cigalas
-Dúas vieiras
-Pescado
-Carne
-Postre
-Café e chupitos

Os interesados deben inscribirse antes do 30 de xuño. Tamén nese día remata o prazo para solicitar a baixa na peña.

Precisamente o saldo que ten a peña por compoñente son uns 30 euros en base aos premios obtidos en quinielas, bonolotos, etc…

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.