Rouban 2.000 en metálico e tabaco na bocatería «Maná».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A vaga de roubos que sofren nas últimas semanas os concellos do Baixo Ulla tivo na propietaria da bocatería cesureña Maná a súa última damnificada. Olga Chenlo descubríu na mañá do martes que alguén entrara no seu local mediante o método do butrón, facendo un burato de notables dimensións na parede traseira do establecemento para colarse por el e substraer 250 euros en metálico, ademais doutros 1.800 obtidos do diñeiro acumulado na tragaperras e na máquina de tabaco, e do produto que había nesta última, reposta horas antes do roubo.
Olga Chenlo explicaba onte que «eu me fun á unha e media da madrugada e a rapaza que abre chegou ás seis, e se atopou con todo. Fixeron un burato na parte de atrás do edificio, que dá a unhas leiras. Usaron uns andamios que tiñamos desmontados sobre unha cuberta para superar os seis metros de altura que había. Fixeron o burato de dentro para afora, porque os escombros estaban na cuberta, e entraron cunha escada».
A dona da bocatería denunciou o caso na Garda Civil, que xa mandou a unidade científica para buscar posibles pistas.

LA VOZ DE GALICIA, 25/11/10

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.