Actividades deportivas gratuitas do Concello de Pontecesures 2010/2011.

-Futbito: No pavillón municipal os luns e os mércores, segundo o horario dos distintos grupos. A idade mínima son os nenos/as nados en 2005.

-Baloncesto
Alevíns (1999/2000). Os martes de 18:00 a 19:00 horas e os venres de 18:30 a 19:30 horas.
Escola de baloncesto (nados entre 2001 a 2004). Os venres de 16:30 a 17:30 horas.

As clases iniciáronse nesta semana do 4 de outubro.

Actividades da ANPA do CPI Pontecesures 2010/2011.

-Punto de Cruz (nenos/as de tódalas idades). 12 euros. Luns de 16:30 a 17:30 no Centro Xuvenil.
-Batuka. 13 euros. Luns 17:00 a 19:00 horas no Centro Social. Farase unha quenda para nenos/as de 5 a 8 anos, e outra para os nenos/as maiores de 8 anos.
-Técnicas de Estudo. 12 euros. Luns de 16:30 a 17:30 horas no Centro Xuvenil (de 6 a 10 anos).
-Tenis (nenos/as maiores de 7 anos) 10 euros. Luns de 19 a 20 horas no pavillón. No caso de formarse un grupo de 10 pais/nais sería da 20:00 a 21:00 horas no pavillón.
-Patinaxe artístico (nenos/as maiores de 4 anos). 15 euros. Martes de 16:00 a 17:00 horas no pavillón.
-Kárate-Defensa Persoal (nenos/as de tódalas idades). 15 euros. Martes de 18:15 a 19:45 horas no ximnasio do colexio. Será obrigatorio o uso do kimono a partires do primeiro mes de proba.
-Baile danza clásica (nenos/nenas maiores de 4 anos). Martes de 17:00 a 18:00 horas no Centro Xuvenil. Por baixa maternal da mestra, proximamente se avisará da data de comezo.
-Teatro (tódalas idades). 15 euros. Mércores de 16:00 a 18:00 horas no Centro Social (menores de 6 anos ás 16:00 horas e maiores desa idade ás 17:00 horas).
-Pintura iniciación. (maiores de 6 anos). 12 euros. Mércores de 16:30 a 17:30 horas no Centro Xuvenil.
-Pintura perfeccionamento (maiores de 6 anos). 15 euros. Mércores de 16:30 a 18:00 horas no Centro Xuvenil.
-Piscina. Aproximadamente 23 euros trimestrais.
1ª quenda. Os luns de 17:00 a 17:45 horas. 30 nenos/as.
2ª quenda. Os xoves de 17:00 a 17:45 horas. 30 nenos/as.
3ª quenda. Os xoves de 17:45 a 18:30 horas. 30 nenos/as.
-Manualidades (tódalas idades). 10 euros. Venres de 16:00 a 17:00 horas no Centro Xuvenil.
-Calceta (tódalas idades). 8 euros. Venres de 17:00 a 18:00 horas no Centro Xuvenil. (tamén para papás e mamás).
-Informática (a partir de 7 anos). Venres na tenda Informática Ecomputer de Pontecesures, máximo 10 nenos/as por grupo.
Nenos/as de 10-16 anos, de 16:30 a 17:30 horas.
Nenos/as de 7-9 anos, de 17:45 a 18:45 horas.
Adultos, de 20:30 a 21:30 horas. No caso de facerse grupo, o prezo será de 20 euros/mes.

Será necesario para asistir ás actividades ser socio da ANPA (9 euros/familia) e ter o seguro de accidentes da ANPA (8,50 euros/alumno).

Presentando o carné de socio da ANPA faranse descontos nos seguintes comercios cesureños:
-Academia Daniel
-HC-SPORT
-Librería Adolfo Piñeiro
-Foto Lafuente
-Maxi Euro Cien
-Decoraciónes Sinda
-Ecomputer

Enquisa da ANPA sobre o comedor escolar no CPI Pontecesures.

No día de onte a ANPA do C.P.I. Pontecesures entregou a seguinte nota aos pais/nais:

«A directiva da ANPA do CPI de Pontesures informa aos seus asociados da posibilidade de establecer un servizo de comedor no colexio, sempre cun número de nenos mínimo para que resulte rentable, sería un servizo de catering, con camareiros e monitores ata ás 16:00 horas, cun custo aproximado de 4 ou 5 euros por nenos. Non haberá servizo de autobús ao remate do comedor, tendo que recoller aos nenos no colexio os pais/nais, como máximo ás 16:00 horas.».

A continuación solicítase o número de nenos/as interesados no comedor.

Una incidencia «incomprensible» con el albergue de Pontecesures.

Para Sabariz Rolán resulta del todo «incompensible» que se produzcan estos retrasos en una obra que, inicialmente, se proyectó para entrar en servicio durante el Año Santo, ante la gran afluencia de peregrinos que se preveía. No puede entender como, en pleno Xacobeo, ocurren «estas incidencias tan desagradables nestas obras dos albergues».

DIARIO DE AROUSA, 06/06/10