Comezou a obra de Medio Rural no Camiño dos Acevedos de San Xulián.
Practicamente xa foi colocada no día de hoxe, 17 de outubro, por parte da empresa CCS a tubería de auga de 75 m/m para abastecer unha fonte que está previsto instalar na zona de esparcemento construída a principios deste ano, e para mellorar o subministro xeral na zona, de acordo co proxecto da obra.
Agora os traballos vanse centrar na preparación e limpeza do tramo do camiño (65 metros lineais) que vai ser pavimentado con asfalto nos vindeiros días. Hai que subliñar que, de acordo co proxecto, vaise pavimentar este tramo a todo o ancho. Non se pavimenta nesta obra só o tramo cedido por un particular que fixo o que camiño gañara en anchura. Paviméntase tamén a zona que permanece hoxe en asfalto para darlle uniformidade a toda a actuación e que co fin de que non haxa diferenzas entre un firme novo e outro deteriorado.
0 comentarios