Terra Galega non participará en ningunha plataforma de cara ás eleccións xerais do 20-D se non se constitúe unha candidatura galega de unidade popular.
O secretario xeral de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, asegurou que o partido ??apoiará á forza política que defenda os intereses dos galegos e galegas?.
O secretario xeral de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, anunciou que o partido non formará parte de ningunha das plataformas políticas creadas para concorrer ás eleccións xerais do vindeiro 20 de decembro se non se constitúe unha candidatura galega unitaria. Así o acordou a formación tralas reunións mantidas nas últimas semanas con representantes dalgunhas desas plataformas. Sánchez Fojo incidiu en que ??Terra Galega apoiará nos comicios xerais á forza política que defenda os intereses da nosa terra, Galicia, que necesita ter un grupo parlamentario propio?.
A dirección de Terra Galega agradece á plataforma Iniciativa pola Unión as invitacións realizadas tanto a TEGA como a outros partidos para participar abertamente nas xuntanzas mantidas ??sen dirixirnos nin tapadeiras?. Así mesmo, e respecto doutras formacións, Sánchez Fojo asegurou que ??non esperabamos a postura da plataforma Encontro Cidadán por unha Marea Galega, ao non invitar a ningunha forza galega que non teña representación no parlamento autonómico, porque para Terra Galega isto non é apostar por eses lazos de unidade que tanto esperan os galegos e galegas?.
0 comentarios