Críticas á instalación da pantalla LED a carón do Coche de Pedra.

Pouca sensibiilidade demostra o equipo de goberno co patrimonio cultural de Pontecesures; son quen de destacar a relevancia do monumento o Coche de Pedra, facéndoo figurar en folletos e páxinas web como reclamo turístico da nosa vila, e logo teñen a desfachatez de instalar ao seu carón unha flamante pantalla led, que desentona completamente coa contorna. Unha pantalla valorada en 11.374 € e financiada nun 74% polo GDR Salnés Ulla-Umia, do que é presidente o propio señor Seage.
Socialistas de Pontecesures
0 comentarios