Anxo Arca presentado como candidato do PSOE en Padrón.

Publicado por Redacción en

Anxo Arca, o candidato socialista en Padrón, estivo acompañado no acto polo líder provincial do PSdeG, Bernardo Fernández Piñeiro, e a deputada autonómica Noa Díaz. Anxo Arca foi moi crítico cos gobernos do Partido Popular dicindo que “é hora de rematar con esta longa noite de 12 anos que mantén ao noso municipio nunha lamentable situación de atraso e abandono”. 

O socialista insistiu en que o goberno de Antonio Fernández “carece de proxecto, acumula oportunidades perdidas e a súa xestión presenta graves carencias tanto no ámbito urbano como no rural”. 

Neste sentido, Arca manifestou a súa preocupación “pola falta de innovación nas actividades municipais, a perda de poboación, o abandono do casco histórico e do patrimonio cultural, a inexistencia dun plan xeral acorde cos tempos, o descoido das aldeas ou a carencia durante dous anos de oficina municipal de Turismo, coincidindo xusto cando se celebraban dous anos santos seguidos”. 

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.