Completan la mejora de la seguridad vial en diez calles.

El Concello de Pontecesures llevó a cabo una actuación de asfaltado y seguridad vial en diez calles municipales. Las obras, realizadas con cargo al programa Pusim, consistieron en la mejora del firme de seis caminos, en concreto los bautizados como Mimosas, la travesía entre la Avenida dos Namorados y la de Arousa, Regadío, Condide, Grovas y Acevedos. Todos ellos, explica el concejal de Obras, «tiñan o pavimento moi deteriorado». Además, se pavimentó un camino, que va hacia la calle Mimosas, que era de tierra. Además de eso, «executáronse catro pasos de cebra elevados nas rúas Portarraxoi, San Lois e Sagasta, cos que pretende mellorar a seguridade viaria mediante a reducción da velocidade, ao mesmo tempo que mellorar a accesibilidade para os peóns».
Publicidad

Esta última obra fue objeto de un intenso debate en la localidad, y llegó a provocar una recogida de firmas contra ese proyecto auspiciada por un grupo de comerciantes y vecinos. Ahora que los badenes ya están colocados «veciños dos que firmaron daquela decatáronse de que non provocan os problemas que tanto temían e que de feito, melloran a seguridade nestas rúas», razona el concejal de Obras.

La Voz de Galicia

Menos trens mañá coa folga dos traballadores ferroviarios.

A folga é mañá, 11 de setembro, e asi non circularán, non principio, os seguintes trens:

Dirección Santiago de Compostela: 10:50, 12,16, 15:36 e 20:51 horas
Dirección Vilagarcía de Arousa: 10:32, 11:00, 14:15 e 18:20 horas

Son os mesmos trens que non circularon pola folga do 4 de setembro. Lémbrase que, nun principio, tamén hai folga os días 14  e 15 de setembro e, posiblemente non circularán estes trens.

Cesáreo Pardal: «Podemos dicir que hai unha lenta pero boa recuperación do sector».

cesp

As boas cifras de visitantes deste ano en Galicia, con máis de 2,4 millóns ata o 31 de xullo, nótanse tamén de forma positiva no sector do turismo rural de modo que, segundo explica o presidente da Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur), Cesáreo Pardal (Padrón, 1969), «as nosas casas e hoteis rurais volven ver como a palabra rendibilidade pode ser de novo posible», despois duns «anos moi duros», engade.

-Cos datos globais, ¿pódese falar de recuperación no sector?

-Efectivamente, cos datos que temos na man podemos dicir que si, que hai unha lenta pero boa recuperación, con case un incremento dun 5 % con respecto ao mes de xullo do ano pasado e cun incremento dun 8 % no mes de agosto. As casas que están máis cerca da praia neste tempo de verán son as que maior ocupación teñen. E sobre todo as casas que están ao longo do Camiño Francés tamén teñen unha ocupación de case o 90 % durante os meses de xullo e agosto. As do Camiño Portugués tamén teñen boa ocupación e o de Fisterra-Muxía, con ocupacións de case o 90 % durante o mes de agosto.

-Fronte ás boas cifras de visitantes, destaca unha baixada do emprego na hostalería. ¿Como está este tema no sector das casa rurais?

-Na actualidade hai en Galicia cerca de 600 casas de turismo rural ofertando case que 4.000 camas. No noso sector contratamos tan só xente para os meses que máis afluencia de xente temos, xullo e agosto. Hai que darse conta de que o resto do ano somos os propietarios os que facemos o traballo, posto que a ocupación baixa ata unha cifras que de momento non somos capaces de aumentar, aínda que estamos traballando niso. Como por exemplo agora, xa que dende o día 11 de setembro e ata o 13 de decembro se celebra o outono gastronómico nas casas de turismo rural, cunha serie de menús especiais e unhas ofertas que conxugan a gastronomía co turismo rural. Animo a todos e a todas a que visiten e reserven unha oferta gastronómica con estancia nalgunha das case 100 casas que participan neste outono gastronómico.

-O gasto por turista nos establecementos rurais, ¿mantense ou variou?

-O gasto por turista aumentou posto que tamén se incrementou nalgúns establecementos o prezo por habitación.

-¿Ten datos do mes de agosto?

-Durante agosto a ocupación foi dun 70 % dentro das casas que pertencen á Federación Galega de Turismo Rural. O mes foi moito mellor que o ano pasado e que en anos anteriores. Notamos un incremento importante, e sobre todo, un aumento de turistas internacionais. Na área de Santiago a ocupación foi do 80 % en agosto e do 40 % en xullo. A promoción que se está a facer dende a Axencia Galega de Turismo, co apoio do Clúster de Turismo de Galicia, cos que Fegatur traballa man a man, está a dar o seus froitos. Temos que seguir na mesma liña e tratar dunha vez por todas de diferenciarnos do resto, posto que os recursos os temos, son moitos, e estamos traballando para aproveitalos e seguir poñéndoos en valor.

Cesáreo Pardal presidente da federación galega de turismo rural (Fegatur)

Accidente en Pontecesures.

En Pontecesures, una persona resultó herida leve al verse implicado el turismo en el que viajaba en un choque en el que también se vieron envueltos dos vehículos más. Ocurrió a mediodía, en las inmediaciones de la gasolinera.

La Voz de Galicia