A sinalización da intersección da rúa Cantillo coa N-550 crea problemas á gasolinera da Ponte.

gaosolip

Pinchar na fotografía.

Hai uns día pintáronse estes sinais horizontais na zona co STOP moi preto dos surtidores e ese círculo branco a modo de «isleta». Agora os camións que abastecen á gasolinera, que teñen que ir á zona dos primeiros surtidores, teñen problemans para entrar na estación de servizo, sen infrinxir as normas de circulación. Outros camións de grande tonelaxe pásalle o mesmo para entrar e repostar no recinto.

Houbo xa queixas no concello e esperamos que isto sexa corrixido.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP en funcións.

A parte do vial do Camiño de San Xulián non afectado polo recente asfaltado hai que limpala.

Cño san

Pinchar na fotografía.

Neste días tivo o lugar o fresado e o asfaltado do Camiño de San Xulián, agás un pequeno treito onde remata esta rúa que é o que vai dende o novo Supermercado Froiz ata a intersección coa N-550.

O treito non afectado pola obra quedou, na calzada e na beirarrúa, con algún pegote de «chapapote» procedente da maquinaria que estivo alí estacionada. Solícitase ao goberno local que ordene a limpeza desta zona. Non se poden deixar así os traballos de calquera xeito.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP en funcións.

Por fin o goberno local paraliza a obra do Cagaxol.

Logo da máis dunha semana de comezar as obras sen proxevto, sen licenza e ocupando terreos de titularidade municipal do Monte de Porto, por fin onte ao mediodía o alcalde en funcións asinou un decreto suspendendo inmediatamente (o de «inmediatamente» haberá que tomalo con certa incredulidade), como medida cautelar, as obras que se realizan no Cagaxol de «construción dun muro de contención e peche perimetral anexos á vivenda sita en R/. Cagaxol nº 4 de Pontecesures, sen autorización previa e con ocupación de terreos de titularidade municipal». Ordenouse tamén «o precinto da maquinaria e do material que se está a utilizar nas obras, dando orde á Policia Municipal para o seu precinto inmediato». Por último se reflicte que «dado que as obras de construción se atopan en solo sometido ao réxime de solo rústico e tendo asinado un convenio con Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) remítase o expediente para a súa continuidade polo citado organismo».

Con isto queda demostrado que a obra non se paralizara antes como afirmaba o goberno municipal nos medios o mércores 3 de xuño faltando á verdade. Imos ver agora que sucede con este expediente e tamén co de recuparación de oficio do terreo do Monte de Porto. Haberá que estar atentos para o cal xa foi solitada toda a documentación no concello.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP en funcións.

Los productores de pimientos mandan las primeras bolsas a Felipe VI.

Fiel a su costumbre por esta época del año, el Ayuntamiento de Padrón acaba de enviar la prueba de los pimientos de Herbón a las máximas autoridades españolas y gallegas, e incluso al extranjero. El papa Francisco, los reyes de España, los presidentes del Gobierno estatal y autonómico, de la Federación Española de Municipios e Provincias y de la Diputación son algunos de los que recibieron las bolsas con pimientos.
Publicidad

También al municipio de Arjonilla, en Jaén, vinculado a Padrón por la historia del trovador medieval Macías O Namorado, recibirá los pimientos, al igual que los ayuntamientos de Santiago y Rianxo.

La Voz de Galicia

O goberno local impasible: Continúa hoxe a obra do Cagaxol sen que se paralice por parte do concello.

cag13

A primeira hora desta mañá continuaba a obra no Cagaxol. Varios días levan executándose estas obras sen proxecto, sen licenza e con ocupación de terreos de titularidade municipal do «Monte de Porto», sen orde de paralización ata o de agora. Na mañá de hoxe comprobouse que todavía non hai decreto de paralización.

Esta pasividade permitindo avanzar con total coñecemento unha obra así, imos ver que consecuwncias vai traer para o concello.

Por certo, a carón da obra e en terreos de titularidad municipal do Monte de Porto permanecen acopiados máis cachotes de pedra para seguir colocando para os muros de contención. Varios camións descargáronos alí hai días.

pedras

Pinchar as fotografías