1. Sen compartilo, por suposto que respectamos o veredito. Vímonos na obriga Alfonso Diz e mais Luis Sabariz de acodir á Xustiza defendendo os intereses públicos polos consumos desorbitados de gasoil dun vehículo municipal. No foi posible probar con suficiencia a responsabilidade penal de ninguén pero o certo é que non hai una explicación sobre o destino de más de 6.000 euros en gasoil e o actual alcalde era o responsable da xestión municipal
2. Cuestión fundamental foi que no se permitira realizar no xuizo preguntas para aclarar o procedemento que se seguía na repostaxe de combustible de coches particulares concretos. Por este motivo estudiarase se imos recorrer a sentenza unha vez analizada.
3. Para o Tribunal non se logrou probar con suficiente contundencia que o gasoil fora destinado a usos privados pero tampouco foi probado a onde foi parar a gran cantidade de combustible. Penalmente a dúbida ocasiona a inocencia.
4. Alá cada quen coa súa conciencia. Nós témola moi tranquila e decímoslles a todos que as verdades «padecen pero nunca perecen».
5. Alomenos co descubriminto e denuncia dos enormes consumos logrouse que as cargas de gasoil do vehículo en cuestión descendese de forma impresionante (de oito cargas ao mes baixouse a unha ou dúas) e iso foi un beneficio para os fondos do concello que son de todos os veciños.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Alfonso Diz Villar