Morreu Alfonso Barreiro García.

Aos 76 anos de idade morreu este cesureño no día de hoxe. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia e mañá día 19 de decembro, ás 17:00 horas, terá lugar a misa funeral na Igrexa de Pontecesures. Os restos mortais recibirán logo sepultura no camposanto parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

Asignacións de 2013 para asociacións culturais e deportivas acordadas polo pleno de Pontecesures.

O pleno celebrouse na mañá de hoxe e o acordo foi adoptado por unanimidade. O reparto foi o seguinte:

Club Náutico, 12.000
CB Extrugasa Río Ulla, 2.600
Ulla CF, 2.600
Pontecesures CF, 500
ANPA CPI Pontecesures, 1.000
AC Xarandeira, 1.000
Asociación A Barcarola, 1.000
AC Algueirada, 1.000
AC Pontecesures, 1.000
Asociación A Estornela, 1.000
Club TX RACE, 300
Agrupación Voluntarios Protección Civil, 300

Outro recorte máis en Pontecesures: a biblioteca pechada.

Dende o día de onte e por mor da baixa por enfermidade da súa encargada, permanece pechada a biblioteca municipal de Pontecesures. O goberno local non buscou solución algunha para a substitución desta traballadora mentres estea de baixa médica e agora neste período de Nadal temos a instalación pechada prexudicando aos usuarios deste servizo.

Que non nos veñan dende o executivo dicindo que o problema son os límites establecidos pola normativa estatal para contratar persoal temporal. ? certo que os hai, pero non para cubrir necesidades urxentes e inaprazables nos sectores e funcións que se consideren prioritarios ou que afecten ao funcionamento dos servizos públicos esenciais.

Obviamente corresponde ao concello decidir as necesidades urxentes e inaprazables prioritarias, pero unha delas debe ser contratar a un traballador/a por uns días, mentres estea de baixa médica a titular, para que a biblioteca municipal non peche. Moito fala o goberno local da defensa da educación e da cultura pero logo adopta este tipo de medidas que non se entenden. Están sempre criticando ás outras administracións polos recortes e aquí en Pontecesures estes recortes están a ser continuos nesta lexislatura.

Dende ACP pregamos ao executivo local que recapacite e que adopte as medidas oportunas para que a biblioteca municipal non continúe pechada.

Pontecesures, 17/12/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures