A ave que come velutina: aparece un depredador natural da avispa asiática


A ave que come velutina: aparece un depredador natural da avispa asiática

Un novo aliado na loita contra a praga que ameaza a seguridade dos veciños de Pontecesures

Durante anos pensouse que a velutina non tiña depredadores naturais en Galicia, pero os investigadores descobriron que o abejero europeo (Pernis apivorus) converteuse nun eficaz cazador desta especie invasora.

Esta ave rapaz migratoria, presente historicamente na nosa comunidade, especializouse na caza da avispa asiática, convertendo á velutina no 70% da súa dieta. Para os veciños de Pontecesures, que cada verán conviven co risco das perigosas picaduras desta praga, esta noticia supón un raio de esperanza.

(más…)

Falleció «Manolo Carriso».

A los 57 años de edad, falleció en el día de ayer el vecino de Carreiras, Manuel Lafuente Otero. El velatorio está instalado en el Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Hoy lunes, a partir de las 18:30 horas, tendrá lugar el funeral en la Iglesia de Pontecesures. A continuación los restos mortales recibirán sepultura en el Cementerio Parroquial de San Xulián.

Descanse en paz.

Ampliación de horarios na hostalería durante as Festas do Carmen 2025

Os establecementos de hostalería de Pontecesures poderán permanecer abertos dúas horas máis durante as Festas do Carmen 2025, que se celebrarán os días 4, 5 e 6 de xullo.

A Alcaldía do Concello, mediante resolución ditada o pasado 3 de xullo, autorizou a ampliación dos horarios xerais de peche para cafeterías, bares, salas de festas, discotecas, pubs e cafés espectáculo no marco das festividades en honra á Virxe do Carmen.

Esta medida permitirá que os locais de hostalería amplíen o seu horario habitual de peche ata dúas horas máis, respectando sempre as normas vixentes en materia de contaminación acústica e os tempos de desaloxo establecidos pola normativa autonómica.

A decisión baséase na Lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, que faculta aos concellos para ampliar os horarios durante a celebración de festas e verbenas populares, sempre que se faga compatible co cumprimento das normas sobre contaminación acústica.

A resolución xa foi comunicada aos servizos de vixilancia municipal e á Garda Civil do ámbito territorial correspondente para garantir o seu cumprimento.

Os veciños e visitantes poderán así gozar dunha maior flexibilidade horaria nos estabelecementos durante estas xornadas festivas, que prometen ser de grande participación e ambiente na vila.

Consulta o documento completo: Resolución de ampliación de horarios Festas do Carmen 2025