• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Archivos paraTeGa de Pontecesures

TeGa de Pontecesures

Crítica de TeGa de Pontecesures ós actos paralelos de Padrón á Festa da Lamprea

27-02-2015 por TeGa de Pontecesures Dejar un comentario

Dende o grupo municipal de TeGa de Pontecesures queremos expresar o noso total rexeitamento ós actos que o Concello de Padrón quere realizar co nome de «Padrón, sabor a lamprea». O noso grupo considera unha falta de respecto ó Concello de Pontecesures a celebración de ditos actos xa que o que buscan é competir coa exaltación da Festa da Lamprea do Rio Ulla que xa dende fai vinte anos se ven desenrolando en Pontecesures.

Respetando a liberdade de xestión dos concellos, non vemos razoable que un concello limítrofe e ??amigo? faga unhas xornadas paralelas á XX Edición da Festa da Lamprea. Nos preguntamos que lle parecería ó Concello de Padrón que o primeiro sábado de agosto se celebrase en Pontecesures unhas xornadas gastronómicas sobre o pemento de Herbón ou ben que o domingo de Pascua, Pontecesures celebrase una verbena coas mellores orquestas de Galicia.

Tamén queremos resaltar os comentarios da oposición cesureña, que en vez de criticar estes actos paralelos en Padrón, alégranse e se dedican a descalificar ó gobernó de Pontecesures como si este fose culpable da realización dos actos en Padrón.

Non entedemos o comentario do portavoz do P.P. de Pontecesures, Sr. Seaje, nas redes sociais de ??Padrón 1- Pontecesures 0?. Parece que este señor se alegra de que Padrón nos faga a competencia. ¿Non será que como é nativo do Concello de Padrón inda lle queda a morriña do seu pobo de nacemento?. Se isto é así debería presentarse ás eleccións en Padrón e non en Pontecesures.

Mais graves son as declaracións do portavoz de A.C.P., Sr. Sabariz, que dí: «A menos dun mes da celebración da edición deste ano, aínda non sabemos nada sobre os actos festivos». «O goberno local de Pontecesures, como sempre, espera a última hora para facer pública a programación», y mientras en Padrón ya presumen de programa, «na capital da lamprea da comarca aínda non sabemos nada». Con estes comentarios o Sr Sabariz non merece máis que a consideración de demagogo e bocachanclas, como ven facendo dende que está en política. Este señor non debe lembrar as datas de presentación da Festa da Lamprea na súa etapa de goberno como Tenente Alcalde dende 2007 ata 2011. Pois ben, a Festa da Lamprea do ano 2008 foi o 6 de abril e a presentación da festa fíxose o día 1 de abril, 5 días antes; a Festa da Lamprea do ano 2009 foi o 5 de abril e a presentación da festa fíxose o 28 de marzo, 8 días antes; a Festa da Lamprea do ano 2010 foi o 18 de abril e a presentación da festa fíxose o 9 de abril, 9 días antes; e a Festa da Lamprea do ano 2011 foi o 10 de abril e a presentación da festa fíxose o 30 de marzo, 11 días antes. E agora ven este señor coa súa demagoxia barata criticando que un mes antes da festa non se saiba nada. Non se preocupe vostede Sr. Sabariz, este ano sí haberá festa inda que a vostede quizá lle gustara máis que non se fixera.

 

Angel M. Souto Cordo

Portavoz TeGa de Pontecesures.

Archivado en:Política Etiquetado con:Concello, festa, Festa da Lamprea, Herbón, lamprea, padrón, Pontecesures, sabariz, sábado, Ulla

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • Las duras medidas llevan a gran parte de los hosteleros de Arousa a bajar la reja.
  • COMUNICADO SOBRE AS NOVAS RESTRICIONS QUE ENTRARON HOXE EN VIGOR MOTIVADAS POLA PANDEMIA COVID19.
  • COMUNICADO SOBRE A PARALIZACION NAS ACTIVIDADES NAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS E DEPORTIVAS LOCAIS.
  • Valga solicita al Sergas formar una “almendra” con Pontecesures porque comparten servicios.
  • La incidencia a catorce días continúa al alza tanto en Cesures como en Valga.

Comentarios recientes

  • Ana en Para o BNG de Pontecesures a xestión do alcalde é «traumática».
  • charly en VIDEO INFORMATIVO SITUACION COVID 12.01.2021
  • Luis Ángel Sabariz Rolán en Licitada la redacción del anteproyecto de la ETAP en Padrón.
  • Luis Ángel Sabariz Rolán en O alcalde despide o ano con viño de Pontecesures.
  • Antonio en O alcalde despide o ano con viño de Pontecesures.

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

Campaña BNG faro de vigo río ulla xunta psoe fiesta n-550 pleno a ponte fútbol concurso Pontecesures sabariz Catoira Concello la voz de galicia santiago correo gallego Ulla Angueira Pontevedra sábado Historia Vilagarcía Maneiro lamprea tripartito curso Vigo Porto plaza valga festa fin de semana obras tren iglesia ACP Diario de Arousa padrón Caldas protección civil sar pp

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños