Sobre la Fundación Camilo José Cela.

Cuando un cronista dedica un relato con magia, solo tiene que poner en marcha su imaginación; si la exposición trata de una opinión, goza de libertad individual de expresión; pero no se puede confundir al lector difundiendo una crónica engañosa sobre un tema que está en los juzgados.

Por tal razón, quiero sanear fielmente la mala observación del señor Castro, dejándose llevar por suposiciones.

Como denunciante de las presuntas irregularidades que, desde hace años, asolan la magna Fundación CJC, doy fe de que existen documentos fidedignos y razones contundentes por las que la sede iriense padece decadencia moral y económica.

El gran legado del nobel Camilo José Cela gozó desde el principio de todo el apoyo económico, político y cultural de alto rango. Tras el fallecimiento del fundador, postergando el artículo 13 de los estatutos de la sede, nombraron a Marina Castaño presidenta de la fundación, por la que no pasa ni de visita. Eso sin mencionar los trasiegos denunciados.

Desde el año 2002 no se volvieron a difundir las ediciones de los cursos de verano, que tanta relevancia le daban a la obra celiana y a la localidad padronesa. Decayeron las visitas y la revista Extramundi; mientras la nómina del exgerente, crecía demesuradamente. Por todo ello, defenderemos unánimes el legado de Cela, dejando que los jueces digan la última palabra.

Por Lola Ramos. * Fundadora presidenta de la Asociación Padrón Lírico D.C.

Padrón: el deber de gobernar.

Tres huelgas de la basura en dos años (de haberse desarrollado la prevista para estas Navidades), o cuatro si el listón del tiempo se tira un par de años atrás, son demasiada conflictividad para una ciudadanía que asiste, entre atónita e incrédula, a un conflicto circunscrito en última instancia a trabajadores y patronal y en el que la vecindad (municipalidad incluida) era mera invitada de piedra.

Quizá fue ese, junto a su probada formación profesional en el mundo de las leyes, el argumento último que llevó al actual alcalde, el popular Antonio Fernández Angueira, a fijar la raya definitiva de la paciencia municipal y ciudadana y asumir, con los costes que fueran precisos, la definitiva rescisión del contrato que vinculaba al Concello con Global Vambrú, la empresa concesionaria del servicio de basuras. Así, y de un solo plumazo, concluyeron el oscurantismo y pasotismo de la empresa y la excesiva tensión ciudadana generada por la parte laboral, que acaso no supo medir las consecuencias últimas de llevar el conflicto hasta extremos de insólita crispación.

Cierto que más allá de las dos partes en litigio, el conflicto se desencadenó por irresponsabilidad de viejos gobernantes del propio PP que aún le deben al pueblo la explicación de por qué se prestaron a firmar contratos leoninos que dejaban hipotecados a los vecinos a lo largo de varios años. Que, además, se hiciera en periodo de mandato en funciones y con el resultado de las urnas en el horizonte próximo no hace sino añadir aviesas intencionalidades cuyo alcance acaso se lleguen a conocer algún día.

Pero cierto, asimismo, que el conflicto se había anquilosado a lo largo de los cuatro últimos años sin que las fuerzas políticas que integraron la Corporación municipal de Padrón durante todo ese tiempo supieran estar a la altura. Unos, la oposición, por hacer valer el viejo axioma de que al enemigo ni agua; otros, el equipo de Gobierno, por su más que timorata actitud a la hora de defender el derecho ciudadano frente a lo que eran claros chantajes de patronal y trabajadores, hasta extremos rayanos en la violencia.

Por eso se echaba en falta un Gobierno que fuera coherente con la responsabilidad adquirida, gobernar. Aunque no siempre las decisiones sean ni fáciles, ni entendibles, ni económicas. Pero entre el fuero y el huevo, un Gobierno está para mandar y no aceptar chantajes de nadie. Por suerte, además, esta vez la oposición sí supo estar a la altura.

TIERRAS DE SANTIAGO, 27/12/11

O traslado dos restos do Apóstolo.

Festa grande o próximo venres en Padrón. Cada 30 de decembro se conmemora a tradicional solemnidade litúrxica da Traslatio dos restos do Apóstolo Santiago dende Palestina ata o primitivo porto do Murdagán na antiga Iria Flavia, onde os seus discípulos Atanasio e Teodoro suxetaron a barca que conducían cos restos do seu Mestre Santiago o Maior a unha pedra, columna ou pedrón.

Sobre esta sagrada Pedra se levantaría o actual templo parroquial co nome do Apóstol Santiago e baixo o altar principal se mantén como motivo histórico que daría nome asemade a vila de Padrón e segue a ser monumento emblemático do Xacobeo e punto obrigado de visita e abrazo dos peregrinos.

Na celebración do venres cos actos na parroquial que presidirá José María Díaz Fernandez, deán presidente do Cabildo da Catedral de Santiago, acompañado dun grupo de cóengos compostelanos e do párroco padronés Roberto Martines Díaz, fará a anual e tradicional invocación ao Apóstolo o alcalde padronés, Antonio Fernández Angueira.

Con tal ocasión, lembramos que se segue esperando a tantas veces prometida rehabilitación do museo de arte sacra que dende 1965 se instalou en Iria, pero leva pechado hai tempo, e no que deben conservarse importantes e valiosísimas pezas, como unha artística arca de plata para expor o Santísimo (do século XVII), obsequio do bispo de Quito, Peña Montenegro, a igrexa de Iria, un cáliz coa inscripción da cofradía de zapateiros de Padrón e outros, ademais de roupas litúrxicas con bordados de plata e ouro dos séculos XV y XVI, etc, etc.

Pero tras este inciso, tampouco queremos pasar por alto a trascendental importancia de todos istes fitos coma o conxunto histórico de Iria Flavia e Padrón o mesmo na faceta xacobea como asemade na arte e cultura en xeral, que cremos aínda non se lle está a quitar todo o beneficio que para o turismo nos debería reportar.

Por José Castro Cajaraville. * Cronista de Padrón.

TIERRAS DE SSANTIAGO, 27/12/11

Padrón desaira al Valedor.

Como a nadie le gusta ser fiscalizado, el mismo legislador que hizo la ley del Valedor do Pobo hizo la trampa al no dotarle de medidas coercitivas suficientes para sancionar a quienes no cumplen con los cometidos de su tarea al desoír sus requerimientos. En Padrón, la práctica se remonta años atrás y hasta a tres alcaldes distintos que hicieron caso omiso a dichas demandas que, a la postre, son otras tantas bofetadas que se dan en la cara de la ciudadanía. Un mal ejemplo de deslealtad.

EL CORREO GALLEGO, 11/12/11

Sendeirismo rosaliano.

Dende que o sendeirismo se puxo de moda os concellos parecen rivalizar (neste caso cremos que para ben) en adaptar sendas nos arredores das poboacións, xa no campo, ribeireñas, montaña e cantos espazos a maiores dos paseos xa existentes se poidan aproveitar para practicar ista modalidade de san exercicio de esparcemento e lecer.

Neste senso Padrón non é unha excepción e aparte dos seus extraordinarios paseos e zonas verdes (Espolón a beira do Sar, Artístico Xardin Botánico, paseo da Canle do Sar, etc.,etc.) ofrece moitos outros lugares a cal con mais fermosas paisaxes. Por iso cando a cotío se fala ou escribe das excelencias para o afeccionado camiñante de numerosas e repetidas zonas ideais para a practica de sendeirismo, nos sorprende que apenas se cite unha das que sen dúbida reúne as mellores condicións e estimamos como das mais sobranceiras

Estamos a referirnos a literaria Ruta Rosaliana que dende Santiago descurre a carón do poético río Sar e pola que persisten as pegadas da gran Rosalía, polo Ortoño dos primeiros anos da súa nenez, Bastavales, co val por onde se espallan as ondas do son das»Campanas de Bastavales…», Riba de Sar de » idílica natureza», Iria Flavia co seu «Cemiterio Encantador…», Lestrove «Coa súa emblemática Torre de Hermida…», e » A Padrón ponliña verde, fada branca ao pé dun río …», ata a Casa-Museo na Matanza, onde Rosalía expirou «lembrando o mar …».

O sentimento poético evocador da cantora de Orillas del Sar, alimentado pola fermosa beleza natural de todo o percorrido de mais de vinte kilómetros dende o comezo en Compostela ata a Casa da Matanza en Padrón, converte ista Ruta Rosaliana ao mesmo tempo nunha ruta de sendeirismo sen igual para cantos desexen camiñar e disfrutar física e animadamente polos entrañables vales de Amaía e o Sar que se nos ofrecen fundidos nunha común sensibilidade de resonancias rosalianas e natural beleza paisaxística .

José Castro Cajaraville
TIERAS DE SANTIAGO, 29/11/11

Outra folga en Padrón ou é que están de cachondeo?.

Teño que confesar que nunca creín nos sindicatos. A súa política non me parece moi correcta porque só mira para unha dirección. E falo de cando se trata de empresas privadas porque cando a cousa afecta a unha pública… Claro que cando un ve o que pasou en Padrón nas festas da Pascua do ano pasado hai que poñerse a temblar. Foi máis dun mes sen recollida de vasoira ou con unha recollida moi deficiente. E aquí non pasa nada. Os mesmos empregados seguen a traballar. E agora amenazan con outra folga en Nadal. Un sindicato manexa todo. Xoga cos trabaladores, co pobo de Padrón e con quen se lle poña por diante. Porque eu non quero pensar que os traballadores da recollida de vasoira lle teñan tan pouco cariño ó seu pobo. Claro que cando lle enchen a cabeza con aumentos de soldos, máis libranzas, pagos por domingos e outras cousas é mellor deixarse enganar. ¿E poden ser tan túzaros para non ver que na maioría de empresas se está rebaixando o soldo dos empregados en vez de subilo? Claro que se unha folga en Nadal soluciona todo…. O caso parece que é facer dano.

Juan Antonio García (Padrón)
TIERRAS DE SANTIAGO, 22/11/11