Rematan os actos do aniversario da biblioteca.

Publicado por Redacción en

Onte pechamos o ciclo de actos conmemorativos do 40 Aniversario da Bibliotecal Municipal poñendo o mellor broche posible á efeméride.

A presentación do libro «La Higuera Yerma», da cesureña María de Xacobe presentado por Fernando Cabeza Quiles, novela costumbrista ambientada no século XIX coa Guerra de Independencia de fondo, na que se recolle a historia dunha muller que loita por rachar coas convencións sociais da época, foi un éxito.

Con este acto, o Concello de Pontecesures quixo agradecer o traballo de María Teresa Gil García ó longo da súa carreira profesional , trás cuarenta anos ó frente da institución municipal como encargada da mesma pero, tamén, organizando actividades para os máis cativos, asesorando e formando a lectoras e lectores e fomentando o hábito da lectura e a cultura dende a Biblioteca Municipal.

Unha pequena homenaxe en nome de todos e todas as veciñas e veciños de Pontecesures, a unha muller que fixo da súa profesión unha forma de vida. Grazas por todo, Teresa!

Concello de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.