Hoxe xoves estará a orquestra COMPOSTELA en PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM

Hoxe xoves 22 de maio, día de santa Rita, non te perdas o programa decano das orquestras en Galicia PALCO DE ESTRELAS-Radio Valga 107.9 FM con Daniel Seijas Llerena, que contará en directo coa presencia de parte dos integrantes da ORQUESTRA INTERNACIONAL COMPOSTELA ( a orquestra galega que máis viaxou e que máis discos vendeu da historia de Galicia), para presentar o seu disco «A Santiago» con motivo do seu 95 ANIVERSARIO.Tamén poderás falar cos seus integrantes en directo no 986 55 97 36.
Onte mércores esta orquestra presentou nunha emotiva gala, no Teatro Principal de Santiago, o seu disco.
O horario de Palco de Estrelas coma sempre dende ás 20 horas ata as 4 ou 5h da madrugada.

Escoitanos tamén por internet dos seguintes xeitos :

http://www.raddios.com/4322-radio-valga
http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434
http://www.radiovalga.net/
ou no teu móbil descargada algunha destas 3 app : radios.net , tunein ou radio.es

COMPOSTELA 95 ANIVERSARIO

El monte Santiaguiño de Padrón da mala imagen pese a ser lugar de interés jacobeo.

santi

El área recreativa del Santiaguiño del Monte, en Padrón, acusa el paso de un duro invierno y, quizás, también la falta de mantenimiento periódico por parte del Concello en un espacio especialmente relevante para la promoción jacobea de la villa. Así lo advierte, además, el grupo independiente de Padrón, que denuncia el «abandono» de una zona con valor «histórico-artístico e cultural».

Un recorrido por el área permite ver cómo la hierba está crecida en todo el espacio, hay basura esparcida, papeleras llenas… Todo en un monte especialmente valorado por los padroneses y que es uno de los puntos de interés de jacobeo de Padrón. Pero ese abandono del que habla el grupo independiente se puede ver, además, y según denuncia este partido, en los propios accesos al monte, en concreto en las escaleras que conducen a la capilla desde la calle Peregrinos.

De acuerdo con CIPa, «por falla de coidados, limpeza e mantemento» esas escaleras están «esvaradizas, principalmente os días de choiva, co cal poden causar accidentes non desexables con responsabilidade subsidiaria para o Concello». Este grupo se refiere, además, a que el Santiaguiño do Monte y sus accesos «deben estar en perfecto estado de conservación e mantemento pola gran cantidade de persoas que os visitan», como lugar de interés jacobeo.

Por ello, en las condiciones actuales el espacio da «unha imaxe ben pobre, señala el grupo independiente, que insta al gobierno local a que proceda a un «mantemento periódico deste espazo» y que no se preocupe por tenerlo en buenas condiciones solo «unha semana antes da romaría» del 25 de julio, para después «estar abandonado todo o ano».

Próxima limpieza

Desde el Concello, el edil José Ramón Pardo afirma que el área recreativa está como muchos otros espacios de los concellos gallegos tras un invierno especialmente duro.

«Se limpará cando se poida, con este tempo todo medra moito e as cousas levan o seu tempo», explica Pardo que, aún así, dice que el Santiaguiño se acondicionará en breve, tras atender otras zonas del municipio, como Carcacía, donde se celebraron actividades. El concejal no discute que la zona necesita una limpieza pero, tras Carcacía y la finca de la antigua azucarera, también hay que adecentar las pistas del canal y la desembocadura del Sar, entre otras, según cuenta Pardo.

La Voz de Galicia

Morreu «Pepe o de Gerardo».

Aos 79 anos de idade, morreu hoxe José Jesús Fernández Casal, veciño da rúa Portarraxoi e que estaba casado con Adela Calvo García.

O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá xoves 22 de maio, ás 17:30 horas celebrarase o funeral «corpore insepulto» na Igrexa de Pontecesures. De seguido, os restos maortais recibirán sepultura no Camposanto Parroquial de San Xulián.

Descanse en paz.

Un goberno municipal ineficaz.

Soca

Nada menos que dende setembro de 2013 leva sen solucionar o problema que representa o oco considerable que apareceu no firme da zona de carga e descarga e na beirarrúa da rúa  San Lois de Pontecesures (na intersección coa Rúa Nova). Alí permanece un valado, unha chapa de ferro no chan e agora está o bordillo levantado xa que o oco cada vez e máis grande.

As queixas da veciñanza van a máis (ruidos coa chapa, vehículos que teñen problemas para manobrar coa valla, e dificultades no paso de peóns pola beirarrúa que se estreita).

Sorprende a ineficacia do goberno local para resolver este problema no centro da vila. Por dúas veces (novembro de 2013 e febreiro de 2014), a ACP denunciou nos medios esta deficiencia pero nada de nada. Incluso agrávase o perigo, non se adoptan solucións, e parece que imos cumprir o primeiro aniversario da avaría para vergoña de todos. Esperemos que non haxa ningunha desgraza.

Pontecesures, 20/05/14

Luis Ángel Sabariz Rolán

Concelleiro da ACP Pontecesures