De novo a Deputación de Pontevedra vai contratar persoal desempregado para os concellos. Nesta ocasión serán seis operarios de servizos para traballar en Pontecesures por seis meses a partir do vindeiro día 1 de outubro con contrato a tempo parcial por 25 horas semanais.
Lémbrase que a selección do persoal e a contratación correspóndelle a Deputación e para iso dende a oficina de emprego de Vilagarcía vai ser remitida ao organismo provincial unha lista de desempregados preseleccionados (inflúe antigüidade no paro, ocupacións, etc..) logo de presentarse a oferta de emprego.
Ao parecer, a mediados deste mes terá lugar a entrevista en Pontevedra por parte da Deputación aos preseleccionados para decidir os seis que se contratan.
Os interesados deben contrastar e actualizar con celeridade, no seu caso, os seus datos na oficina de emprego de Vilagarcía.
Sin Categoria
Exposto ao público o censo que rexerá nas eleccións autonómicas do 21 de outubro.
Entre os días 3 e 10 de setembro, está exposto ao público a efectos de reclamacións o Censo Electoral de Pontecesures que será o que rexerá nas vindeiras eleccións autonómicas. ? importante consultar o censo na Casa do Concello para corrixir omisións, erros en apelidos, domicilio, etc…Porén; hai que ter en conta que o censo está pechado a 30/05/12. Isto quere dicir que se algunha persoa inscribiuse no padrón en data posterior, vota no concello de onde viña. De igual xeito, de empadroarse noutro concello despois do 30 de maio de 2012 e causar baixa no noso, o 21 de outubro todavía vota en Pontecesures.
Sin Categoria
Grande éxito de participación na ruta «Ollando o Ullán».
Cunha participación de 40 persoas (na fotografía faltan unhas 15 persoas) no día de onte, 2 de setembro, levouse a cabo esta ruta, que está enmarcada no Programa Goza do Ulla polo cal que se realiza unha ruta por cada concello polo que transcorre o río Ulla.
Os participantes, a maioría de fora de Pontecesures, mostraron o seu agrado polo trazado e paisaxes da ruta que cubríu unha distancia de 17,5 km pasando por lugares como o monte de Castro Valente, monte Salgueiras, Campo Redondo, Mirador da Galiñeira, etc.
Máis fotografías no seguinte enlace:
http://pontecesures.org/galeria.asp?cat=34&gal=39
Sin Categoria
Curso do Programa Xuventude Actívate 2012 en Pontecesures.
Ao abeiro do Programa ACTÍVATE-CURSOS XUVENTUDE 2012 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 40 horas de DESE?O, PLANIFICACI?N E DESENROLO DE ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO DE LECER. O curso desenvolveráse nos meses de outubro e novembro na aula do semisoto da Casa do Concello. Os requisitos para participar neste curso son: residir en Pontecesures e ter entre 16 e 35 anos (ambos inclusive).
Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude acompañarase de fotocopia do DNI e tarxeta de demandante de emprego (de selo caso, non sendo requisito imprescindible). O prazo para inscribirse é dende o 1 ata o 20 de setembro.
No seguinte enlace pódese descargar a ficha de inscrición:
http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=389
Sin Categoria
MORREU AVELINO POUSA ANTELO.
Acaba de marcharnos unha das figuras máis senlleiras do noso pais,un dos bos e xenerosos,un grande galeguista.Morreu con 98 anos AVELINO POUSA ANTELO. Foi mestre aquí no colexio de Infesta e a rúa do centro escolar leva o seu nome. DEP. A Capela ardente instalarase no consistorio de Teo.