Despois de levar o reloxo bastante tempo instalado, hai uns dous meses comezou na Casa do Concello o control dos traballadores que prestan servizos nesa dependencia. O aparello tivo un custo de 1.832,80 ? e a ACP quere manifestar agora o seguinte:
1-Resulta inxusto e discriminatorio que os traballadores da Casa do Concello fichen na entrada e saída do traballo, mentres outro tipo de persoal (obras, limpeza,etc.) con base noutros edificios (nave da escola obradoiro, CPI Pontecesures, Biblioteca, etc.) non teñan a obriga de fichar en reloxo algún.
2-Colocáronse noutros centros de traballo libros para que os traballadores asinaran a entrada e saída. Pero isto non ten garantías e así pódese asinar a unha hora e reflexar calqueira hora distinta, ou incluso asinar un por outro.
Estas discriminacións están a provocar o descontento dos traballadores e amosa, unha vez máis, o negativo labor que está a facer o alcalde coma xefe de persoal.
En consecuencia, prégase que, con toda urxencia, se corrixa esta anómala situación para que os traballadores teñan os mesmos sistemas de control.
Tamén so solicita ós representantes sindicais dos traballadores que se fagan xestións para que o persoal non se vexa discriminado por este tema.