Enquisa sobre a utilización das antigas casas dos mestres

enquisa

O blog do BNG de Pontecesures, bngpontecesures.blogspot.com, inicia unha nova enquisa no día de hoxe para que os veciños internautas que o desexen poidan participar na mesma.
Pregúntase nela que queremos que se faga nas antigas casas dos mestres, un Centro de Día, un albergue ou se destine a outros usos.
Quen desexe participar na enquisa pode acceder ao blog e votar pola opción que prefira.
Se pode apreciar o número de votos emitidos, os días que restan para finalizar a enquisa e a marcha do resultado da mesma asi como os resultados que vai obtendo cada opción.

Non disporemos de comedor escolar.Nova baixada de pantalóns.

comedor

Esfúmase o comedor escolar. Se non se remedia Pontecesures non contará con comedor escolar para o vindeiro curso 2010-2011.

O BNG de Pontecesures constata que nos orzamentos da Xunta de Galicia non hai partida para levar a cabo esta infraestrutura. Non consignarse partida orzamentaria para o ano 2010 significa ademáis que probablemente tampouco contaremos co servizo de comedor escolar para o curso seguinte, o 2011-2012, feito que o BNG quere poñer en coñecemento dos veciños deste pobo.

Ante esta situación, ¿Qué fai o goberno local? Pois simplemente cala a boca e agacha a cabeza. Volve a calar igual que o fixo cando a Xunta do PP tirou abaixo o proxecto de remodelación da zona portuaria cun investimento de preto de catro millóns de euros, proxecto do que eles mesmos votaran a favor en pleno.

O BNG denuncia esta actitude do goberno do concello, covarde e cómplice. Covarde e cómplice porque a sabendas que o goberno da Xunta non consigna absolutamente nada para levar adiante esta infraestrutura tan necesaria e tantas veces demandada, cala a boca a fin de non importunar ao PP importándolle pouco ou nada se o servizo de comedor para os escolares e familias de Pontecesures non se leva a cabo
O tripartito coa alcaldesa á cabeza, é responsable no seu conxunto deste abandono e ven a demostrar que a promesa máis importante, por ser das actuacións máis necesarias, que levou a cabo o delegado da Xunta, o Sr, Cores Tourís durante a súa visita a este concello, caeu en saco roto. Dóuselle a entender á cidadanía de Pontecesures como a petición estrela e resultou ser, por ambos lados, mera e simple propaganda.

O BNG quere destacar tamén a actitude do tránsfuga Sabariz, que coa anterior Xunta de Galicia reivindicaba que se acometeran as actuacións necesarias para contar co servicio e agora, cómplice do PP, agacha a cabeza como o s demáis, non acordándose que él o só el é o culpable de que a anterior administración socialista non realizara a inversión para este fin por traizoar ccoa súa actitude de tránsfuga ao partido socialista, recoñecemento expreso que el mesmo ten feito nalgún consello escolar.

O BNG levou, nou seu día, ante o pleno municipal a inicativa para que se destinaran fondos do plan E para a construcción do comedor escolar, por ser prioritaria esta actuación, inicativa á que o goberno municipal non lle fixo caso, disculpándose con falta de competencia, e investindo os cartos noutras actuacións, que ao noso xuizo non eran tan urxentes.

Ante esta nova? baixada de pantalóns? do tripartito municipal, O BNG de Pontecesures, a través dos seus deputados no Parlamento de Galicia ven de presentar enmendas aos orzamentos para o ano 2010 a fin de que nos investimentos da consellaría de educación se consignen os fondos suficientes para que o comedor escolar sexa por fin una realidade para o vindeiro curso e esperando que o PP reconsidere a súa postura e atenda esta razonable e xusta petición.

Encharcados polo tripartito

O BNG quere informar á cidadania do sucedido na rotonda da Charca, por mor das últimas choivas destes dias, e das reaccións por parte do goberno municipal de Pontecesures aparecidas nos medios de comunicación.

Cando se empezou a construir a rotonda da Charca na estrada autonómica PO-548 houbo unha xuntanza, in situ, na que estiveron presentes a alcadesa Maribel Castro, o tránsfuga Sabariz o alcalde de Valga Maneiro e técnicos da Direccion Xeral de Infraestructuras. Na mesma xuntanza Maneiro dixo que as augas do regato tiñan que repartirse entre Valga e Cesures, cando todos sabemos que o regato circulou na súa totalidade, e dende sempre, dirección ao regato da Devesa. Esa negativa por parte do Sr. Maneiro a que as augas circulasen por onde sempre o fixeron, co asentimento e complicidade do goberno cesureño, foi o motivo polo cal se colocou un tubo de escasas dimensións (400mm) que non é capaz de recoller a totalidade das augas do regato provocando inundacións.

O BNG denunciou estes feitos no pleno municipal obtendo como resposta a mofa e burlas de membros do governo, afirmando que o BNG ??non sabe de que está a falar e está mal informado?. Sen embargo a realidade e o tempo pon a cada quen no seu sitio, e a denuncia realizada no seo día, de que o tubo tiña escasas dimensións, tórnase agora nunha realidade e nos últimos días houbo inundacións na rotonda da Charca nd afectando a fincas e incluso poido chegar ás vivendas de continuar as choivas. Xa nese intre,pois, o BNG alertou sobre a posibilidade destas inundacións instando ao goberno que non se deixaran tomar o pelo nin por Maneiro nin pola Xunta e esixiran que non se cometese esa tropelía con Pontecesures.

Agora, despois da «baixada de pantalóns» por parte da alcaldesa Maribel Castro, o tránsfuga Sabariz e o concelleiro de obras Randulfe, diante do alcalde de Valga, onde estes representantes dos veciños de Pontecesures non defenderon os intereses do noso pobo, aceptando as tesis de Maneiro e dando por boa a colocación diste reducido tubo, mandan un escrito a directora xeral de infraestructuras suplicándolle que tome medidas correctoras para evitar inundacións (máis un intento de lavar a cara que de arranxar o problema)

Parécenos vergoñenta a actitude dos nosos gobernantes municipais xa que nunca foron capaces de defender aos veciños da Charca e agora suplican solucións á Dirección Xeral de Infrestructuras. O BNG esíxelle á alcaldesa Maribel Castro que con toda urxencia se reuna coa directora Xeral de Infraestructuras dona Isabel Vila, para que sexa sustituido inmediatamente este tubo de escasas dimenensións por outro moito mais grande e non volva a repetirse esta lamentable situación.

El Concello defiende su gestión en «A Charca» y acusa al BNG de mentir.

Niega que abordaran el asunto con el regidor de Valga y que hubiera inundaciones.

El Concello de Pontecesures defendió su gestión en el caso del tubo instalado en la zona de «A Charca» ante las acusaciones del BNG a quien acusa de mentir «pois nunca houbo conversas co alcalde de Valga sobre este asunto» y les tacha de «catastrofistas» «porque, estivo a piques, pero non houbo asolagamentos».

El concejal de relaciones institucionais, Luis Ángel Sabariz, se mostró muy molesto por las declaraciones vertidas por los nacionalistas cesureños y considera «que marchan a rebufo» de los trámites que realizó ante los responsables de la Xunta, «autoridade competente na resolución deste problema».
El edil, documentación en mano, recuerda que ya el pasado mes de julio remitió un escrito sobre «a problemática da recollida de augas con posibles asolagamentos ó concelleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura Agustín Hernández, e á directora xeral de infraestruturas, Isabel Vila, exteriorizando a queixa polo que podía pasar senón actuaba».
Asegura que fue en este momento, «cando o BNG comezou a intgeresarse pola cuestión» y Vila «aseguraba que ía construírse unha cuneta para desviar as augas en época de fortes choivas ata un tubo de 1 metro de diámetro, algo que non se cumpriu ata agora por estar paradas as obras».
Relató el concejal que volvió a reiterar su denuncia «o domingo pasado, ante a xefa de infraestruturas e tamén ante o xefe territorial da consellería, Evaristo Juncal, e varios vixiantes desta estrada autonómica».
En esta mesma línea, insiste que el titular del vial es la Xunta y que, «débelle quedar claro oas cidadáns que se os asolagamentos se producen nun futuro, non será por telo advertido, como é a miña obriga como concelleiro, en beneficio de todos»; y subrayò que «a única responsable será a Consellería de Medio Ambiente».
A este respecto, añade el edil no adscrito que algunas acusaciones del BNG son «mentiras». Así niega rotundamente que «o alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, estivera nunha reunión connosco e con técnicos da dirección xeral de Infraestruturas». Es más, asegura que «é totalmente falso» y afirma que el Concello de Pontecesures «non aceptou proposta algunha do de Valga e nin houbo conversas nunca sobre este particular».
Sabariz les exige que se deixen ce cónclaves ou de baixadas de pantalóns como dicían o outro día» y que abandonen la idea de «comunicar falsidades con total alegría e sen contrastar os datos».
Por último, el responsable municipal, también pide a los nacionalistas que «sexan serios e non inventen catastrofismos». Y es que asegura que no es cierto que el pasado fin de semana hubiese inundaciones, «estivo a piques de habelas», argumenta, «pero, afortunadamente, a auga non revasou o nivel do firme e non entrou en vivenda algunha».
Por último, manifestó su deseo de que la dirección xeral de Infraestruturas resuelva cuanto antes el problema y proceda como le informó en un comunicado.

DIARIO DE AROUSA, 22/11/09

A pesar da eiva, o BNG co Obradoiro de Emprego

O BNG parécelle unha gran nova que, por fin, no noso pobo se poida poñer en marcha un novo OBRADOIRO DE EMPREGO, e máis tendo en conta o número de parados que hai en Pontecesures. Nembargantes, lamentamos aínda máis que o goberno local non fixera caso da proposta do BNG na que se pedía que se solicitase un cuarto módulo de carpintería o que daría a oportunidade de contar con 10 ou 15 alumnos máis; proposta que non foi tida en conta e rechazada no pleno polo grupo de goberno.

A pesares de solicitar só 3 módulos: Xardinería, Construcción e Enerxías Renovables de 15 alumnos cada un, a Xunta reducíu aínda máis este Obradoiro concedendo únicamente 33 alumnos no canto dos 45 solicitados. O BNG non comprende esta rebaixa tan significativa no obradoiro por parte do goberno autonómico ??amigo? do Sr. Rafael Randulfe, o que ven a demostrar o pouco peso político deste personaxe, tendo en conta tamén que noutros concellos non gobernados polo PP a Xunta concedeu Obradoiros con máis alumnado que o de Pontecesures.

O BNG insta a todos os desempregados de máis de 24 anos de Pontecesures a que acudan antes do día 11 de novembro ás oficinas municipais a anotarse para este Obradoiro de Emprego.

Por outra banda, o BNG esixe do goberno local que a selección tanto dos alumnos como do resto de persoal do Obradoiro se faga de xeito transparente e xusto.
Pontecesures, 6 de novembro de 2009
GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES