


As vítimas xeradas pola Guerra Civil e os 40 anos seguintes de ditadura franquista terán o seu recoñecemento o vindeiro 14 de abril en Padrón. Por vez primeira a vila conmemorará o Día da Memoria Democrática, un evento que “busca concienciar á veciñanza sobre as profundas feridas que a sociedade sufriu durante a Guerra Civil e os corenta anos de ditadura e as súas consecuencias”, explican dende o consistorio.
A cita cobra máis relevancia ao ter en conta o papel tráxico que desempeñou o municipio dende o ano 1937 ata o 1939, xa que nestas datas situose un campo de concentración nos terreos da antiga azucreira de Iria Flavia. Contabilízase que arredor de 3.000 persoas estiveron prisioneiras neste recinto como vítimas do franquismo, chegando por ferrocarril e mar dende Vilagarcía de Arousa.
Segundo a previsión, o acto desenvolverase a partir das 17.00 horas no Xardn Botánico-Artístico. O evento contará coa intervención do alcalde da vila, o socialista Anxo Arca, xunto coa participación da banda municipal de Padrón e o dúo de acordeóns Ad Libitum. Ademais, levarase a cabo a plantación dunha árbore da memoria no recinto como mensaxe de “vida e esperanza nun futuro mellor”.
El Correo Gallego
Concello de Pontecesures
Aos 94 años de idade, finou hoxe esta veciña de Pontecesures (Camiño de San Xulián, 4) viúva de José Lafuente Lafuente.
O velorio terá lugar no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá sábado 13 de abril, ás 11:30 horas, terá lugar o funeral na Igrexa de Pontecesures. De seguido os restos mortais recibirán sepultura no Camposanto Parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.
CONCELLO DE PONTECESURES
Mediante o uso de técnicas de relaxación, meditación e concentración, esta actividade busca lograr un manexo axeitado do estrés e da ansiedade, para acadar unha adaptación óptima en calquera situación de cambio ou transición vital.
17 de abril de 16.00 a 19.00 horas
Aula do semisoto do Concello.
Inscricións e información:-986557125-670512814
Podes inscribirte no enlace: https://extranet.sergas.es/…/InscricionCidadan.aspx…
CONCELLO DE PONTECESURES