A Andaina queda para outro día.

Día da Muller en Pontecesures.

Cada 8 de marzo o movemento feminista internacional sae á rúa para reivindicar a igualdade de dereitos das mulleres conseguindo nos últimos anos desenvolver mobilizacións absolutamente históricas.

Hoxe en día, malia os avances que temos conquistado, estamos a ver como os dereitos tamén se pode perder. A violencia vicaria e o cuestionamento da existencia da violencia machista cando 5 mulleres foron asasinadas no que vai de ano e 58 (tres galegas) o foron no 2023 polas súas parellas ou ex parellas son un bo exemplo do camiño que queda por andar.

Tamén vivimos nos últimos meses acontecementos e indicadores preocupantes no ámbito do lecer, do deporte ou das condicións das traballadoras que dependen de contratas públicas e privadas. A fenda salarial de xénero no ano 2022 situouse no 18,7% e son as mulleres as que desenvolven traballos máis precarios con xornadas parciais ou contratación fixa discontinua.

Non só é necesario non dar un só paso atrs, senón que Pontecesures e Galicia precisan pasos adiante para avanzar en igualdade, medidas que aborden a educación en igualdade nos e nas máis novas, medidas que supoñan avances nos dereitos laborais e na mellora dos recursos contra a violencia machista.

Dende o Concello estamos a apostar pola formación en igualdade dos máis novos e novas, a través de obradoiros e formacións en colaboración co CPI Pontecesures pero tamén é necesario o noso exemplo no día a día: nas tarefas da casa, nas responsabilidades no coidado de maiores e cativas, no respecto ás responsabilidades laborais e na valorización do traballo diario.

Só deste xeito podemos camiñar hacia unha sociedade igualitaria e plena en dereitos e garantías.

Concello de Pontecesures

Percorrido da andaina «Camiñamos pola igualdade».

Este será o percorrido da andaina, saíndo do CODI de Valga, e parando para o avituallamento na Prazuela de Pontecesures.

Data: Domingo, 10 de marzo

Hora de saída: 10:00 horas

Lugar: CODI de Valga

Avituallamento: Prazuela de Pontecesures

O percorrido será de 15 quilómetros, con dificultade media-baixa.

Advierten de la inseguridad provocada por la falta de alumbrado en la estación de Pontecesures.

El exconcejal de Agrupación de Pontecesures, Luis Ángel Sabariz Rolán, emitió ayer una denuncia ante el Adif por el estado del segundo andén de la estación ferroviaria de Pontecesures, donde el alumbrado está «inoperativo». Una situación, señala, que «puede provocar caídas de viajeros que suben y, sobre todo, que bajan de los vagones».

Además, Sabariz, explica que «es algo complicado en sí acceder a los vagones en el andén segundo porque hay una altura considerable entre el suelo de los mismos y la superficie del andén». Una circunstancia a la que, si se añade la falta de luz, «la situación es realmente peligrosa». Ante esta situación, señala el exedil, los usuarios «caminan desconcertados por el andén, haciendo uso de los teléfonos móviles a modo de linterna para orientarse».

Por último, Sabariz también señala deficiencias en las luminarias de la marquesina del andén principal y espera que el Adif solucione, con carácter inmediato» los problemas.

Diario de Arousa

Diego Anido gaña o premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva que concede Padrón.

O actor de As Bestas e O Deus do pop Levará 1.200 euros

Valorouse a súa dedicación ao teatro e audacia creativa

O actor Diego Anido durante a súa interpretación en As Bestas
O actor Diego Anido durante a súa interpretación en As Bestas.

O actor compostelán Diego Anido converteuse no gañador da 23ª edición do Premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva que outorga o Concello de Padrón e que conleva a entrega de 1.200 euros, un diploma acreditativo e unha figura do busto da actriz Maruxa Villanueva nun acto que terá lugar nos vindeiros meses na capital do Sar.

O xurado, presidido polo alcalde Anxo Arca, quixo recoñecer así a dilatada traxectoria do galardoado en distintas facetas do eido teatral, así como a súa capacidade para innovar e construír novas linguaxes fixándose sobre todo no seu labor de investigación, creación e interpretación na peza O deus do pop. Diego Anido, que se fixo coñecido para o gran público grazas ao seu papel de Lorenzo na premiada película As bestas, atesoura varias décadas de traballo no mundo do teatro non só como actor senón tamén como autor. En O deus do pop, obra coa que percorreu Galicia ao longo do pasado ano, desenvolveu as tarefas de escritura, dirección, escenografía, música, coreografía e interpretación. 

O galardón valora a súa dedicación tanto ao teatro de obxectos como ao teatro físico ao longo da súa carreira e salienta a súa “audacia creativa” así como o labor que vén desenvolvendo na “construción dramatúrxica dende as linguaxes híbridas”.

El Correo Gallego

El alumbrado del andén segundo de la Estación de FF.CC. de Pontecesures está inoperativo.


Desde hace unos días se observa que el citado andén está completamente a oscuras y esto puede provocar caídas de viajeros que suben, y sobre todo, que bajan de los vagones. Cuando hay cruces de trenes en la estación ya es algo complicado en sí acceder a los vagones en el andén segundo porque hay una altura considerable entre el suelo de los mismos y la superficie el andén. Si añadimos a esto la falta de luz, la situación es realmente peligrosa y así los usuarios caminan desconcertados por el andén, haciendo uso de los teléfonos móviles a modo de linterna para orientarse.

También en la marquesina del andén principal hay alguna luminaria que no funciona y la luz es bastante menos intensa.


Las deficiencias fueron puestas en conocimiento del ADIF, esperando que se solucionen con carácter inmediato.


Luis Ángel Sabariz Rolán