ROSA CRESPO FUSIONA AS SÚAS GRANDES PAIXÓNS, A CAMELIA E A PINTURA, NUNHA EXPOSICIÓN NO AUDITORIO DE VALGA.

– A mostra, formada por dezaoito obras, poderá verse ata finais de febreiro

– A camelia tamén será protagonista na mostra “Bella Otero”, que se inaugura hoxe

ExpoRCrespo1

A camelia é a protagonista durante esta fin de semana no Auditorio Municipal coa XVI Mostra da Camelia “Bella Otero” e tamén coa mostra pictórica de Rosa Crespo, que permanecerá exposta ao público durante todo o mes de febreiro e na que a artista combina dúas das súas devocións: os pinceis e a chamada “flor de Galicia”.

“Camelias e óleos… fusión e paixón” está formada por dezaoito cadros. A camelia, como non podía ser doutro xeito, é tema recorrente nalgúns deles, pero “nesta ocasión elixín obras máis variadas” para completar a exposición. Hai paisaxes coma a ponte de Brandomil, en Zas, unha vista dende o Miradoiro da Muralla de Rianxo ou a praia de Razo. Outras obras son bodegóns e tamén hai tres retratos: dous que Rosa lles regalou ás súas netas durante a pandemia e un terceiro inspirado nun cadro da pintora lucense Julia Minguillón.

A Rosa Crespo a pintura chamouna dende sempre. “Gústame dende que era nena e, pouco a pouco, fun perfeccionando” as súas destrezas, explica. “Son conservadora e restauradora de bens culturais e grazas a isto aprendín novas técnicas pictóricas e de debuxo” que puido aplicar nas súas obras. Ademais, é mestra dun curso de pintura organizado pola asociación Albor. “Paso todo o ano pintando, é a miña maneira de desfrutar”, conclúe.

A mostra de Rosa Crespo é xa unha cita fixa dentro do calendario expositivo do Auditorio, coincidindo coa Mostra da Camelia “Bella Otero”, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais “Albor” coa colaboración do Concello. Serán dous días para gozar coa beleza desta colorida flor e contemplar as composicións e traballos florais elaborados por colectivos, asociacións e particulares de Valga afeccionados á camelia.

A mostra abrirá ao público a partir das 13 horas de mañá sábado, con entrada de balde. Pola tarde, ás 19 horas, entregaranse os recoñecementos aos participantes e, a continuación, haberá unha actuación musical a cargo da Orquestra Clásica Galega de Valga.

O domingo a exposición permanecerá aberta entre as 11:00 e as 21:00 horas. Pola tarde, a partir das sete, tamén se a asemblea anual da asociación Albor para a renovación de socios e incorporación de novos membros. A xornada concluirá cunha chocolatada con churros.

ExpoRCrespo2
ExpoRCrespo3

CONCELLO DE VALGA

Una colisión entre un turismo y un autobús escolar en Valga se salda con un menor herido.

Una colisión entre un turismo y un autobús escolar en Valga se salda con un menor herido
El suceso se registró en la parroquia de Cordeiro.

Dos ocupantes de un turismo resultaron heridos el pasado martes tarde tras colisionar con un autobús escolar en la PO-548, a su paso por la parroquia valguesa de Cordeiro. Se trata de una persona mayor, que tuvo que ser atendida por heridas leves, y un menor que tuvo que ser trasladado al centro médico de referencia, ambos pasajeros del vehículo. El autobús, que se dirigía en ese momento a recoger a los alumnos del colegio, no contaba con pasajeros en el momento del accidente y su conductora resultó ilesa.

El suceso se registró a las 14:22 horas, en el punto kilométrico 3 de este vial, y desde el 112 movilizaron a Urxencias Sanitarias de Galicia, Guardia Civil, Protección Civil de Valga y GES de Padrón, que también actuaron en la limpieza de la calzada. Una grúa retiró los vehículos del vial, ya que obstruían el paso del tráfico.

Diario de Arousa

O BNG de Valga convoca un acto público en el municipio por el inicio de la campaña electoral.

Será este sábado 4 de febrero a las 20:30 horas, en la Casa de Cultura de Ponte Valga con la participación de Fran Devesa, portavoz municipal, Sara Seco, miembro de loa Asemblea Local y Alexandra Fernández, diputada en el Parlamento de Galicia y candidata. En este sentido la formación presentará al BNG como «a forza do cambio útil para Galiza, a esperanza e ilusión para abrir un tempo novo», subraya Devesa, que entiende que estas elecciones autonómicas «constitúen un momento decisivo para acadar este cambio urxente que a sociedade galega demanda» y anima a participar en el evento nacionalista.

Diario de Arousa

O PP de Pontecesures lembra a intervención da actual alcaldesa sobre a «Festa do Churro» nun pleno de 2016.

O pasado luns tivemos Pleno ordinario, coma cada dous meses. A alcaldesa e a súa particular procesión dos caladiños seguen na mesma liña na que xa nos teñen acostumados. Irémosvos contando algunha das anécdotas que con demasiada frecuencia nos proporciona o actual equipo de goberno cesureño.Tiñamos curiosidade pola valoración das últimas actividades que se levaron a cabo durante estas datas, por exemplo Festa do Churro. A alcaldesa di estár satisfeita coa festa. Pois debe ser verdade o que dixo que o BNG de agora non é o de antes.. porque cando estaba de concelleira na oposición a súa opinión sobre a festa e os churreiros era a que aparece recollida na acta do Pleno do ano 2016, que gustosamente vos mostramos:

POPULARES DE PONTECESURES

O PP de mitin. Autobús gratuito dende Pontecesures.

Mañá venres, mercadiño en Pontecesures.