Bonita iluminación do Xacobeo na Capela do Pilar de San Xulián.

Concerto de Nadal 2023 organizado pola Parroquia de Ponteceures.

O día 27 de decembro ás 20 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures terá lugar este concerto coa actuación do «Orfeón Voces Graves Arousa».

Éxito do I Torneo de Nadal das Basquetscolas, organizado polo Concello de Catoira e o Club de Baloncesto Río Ulla.


No torneo participaron as nenas e nenos das escolas de baloncesto de Cuntis, Padrón, Pontecesures e Catoira, resultando un éxito de asistencia, tanto da rapazada como de público.
Ao finalizar os encontros, o Presidente do CB Río Ulla, Juan Otero, a Concelleira de Obras, Vanesa Pérez, o Concelleiro de Deportes, Raúl G. Pato, e o Alcalde de Catoira entregaron cadanasúa medalla ás e aos participantes do Torneo.
O Concello de Catoira quere agradecer ao CB Río Ulla e máis a todas escolas que tomaron parte no torneo a súa implicación no evento.

Concello de Catoira

Bo Nadal a tod@s.

A biblioteca de Pontecesures estará pechada a vindeira semana.

Non abrirá a biblioteca os dias 26, 27, 28 e 29 de decembro. Abrirase xa o 2 de xaneiro de 2024.

Rapaces do IES Macías Padrón aprenderon a aplicar a intelixencia artificial.

No IES Macías desenvolveuse un taller para coñecer as ferramentas da Intelixencia Artificial (IA) aplicadas ao emprendemento, neste concreto Aula de Emprendemento do Instituto Macias o Namorado.

Organizáronse varios talleres para aprender a comprender os conceptos básicos da IA e a súa relevancia no emprendemento, así como a achegarse ás ferramentas gratuítas dispoñibles. Grazas a elas, o alumnado aprendeu con estas ferramentas a realizar logotipos ou pequenas pezas de vídeo a partires da IA. Ademais, buscouse fomentar a creatividade e o pensamento crítico dos estudantes.

Taller sobre intelixencia artificial, IA, aplicada no IES Macías o Namorado

Taller sobre intelixencia artificial, IA, aplicada no IES Macías o Namorado IES

El Correo Gallego