O Concello de Pontecesures pide colaboración para a Cabalgata de Reis 2024.

¿Queres participar ou axudar na Cabalgata de Reis?

A partir de hoxe abrimos o prazo para anotarse na montaxe e preparación das carrozas, voluntari@s para desfilar na cabalgata, decoración…
Pequenos, pequenas e maiores!
Para apuntarse:
-Chamando ao 986557125 en horario de atención ao público ou acudindo ao Concello persoalmente.
-Por WhatsApp ao 698125911 (Concellería de Mocidade).

SÚMATE A ESTA NOITE MÁXICA!

A tapa de «Casa Chaves» foi a mellor valorada na III Ruta de Tapas da Matanza.

Celebrouse o sorteo de premios da III Ruta de Tapas da Matanza entre tódolos boletos depositados nas urnas que, a tal efecto, estaban ubicadas nos establecementos participantes, así como a elección da tapa mellor valorada ao entender dos clientes.

Nesta edición resultou gañadora a tapa presentada por Casa Chaves, denominada “A Matanza… de Texas”, cun 25% dos votos. Cabe destacar a gran participación do público, e especialmente resaltar que case un 30% dos votos emitidos procedían doutros Concellos.

Aos gañadores dos tres cheques-agasallo e máis da cesta xa lles foi comunicada a boa nova e o vindeiro luns serán entregados os premios de mans dos establecementos hostaleiros.

El pasado 15 de noviembre falleció Otilia Barreiro Agrasar.

Falleció Otilia a los 80 años, el funeral tuvo lugar en la tarde del día 16 en la Iglesia Parroquial de Pontecesures y sus restos mortales recibieron sepultura en el Cementerio Municipal de Condide.

Descanse en paz.

A instalación da pasarela sobre a PO-548 remata a senda peonil de Cordeiro.

A obra obrigou a cortar o tráfico durante parte do día na estrada entre Catoira e Valga

Unha pasarela de 22 metros de longo e case tres de ancho une dende este venres as dúas marxes da estrada PO-548, en Cordeiro (Valga), comunicando a contorna da igrexa parroquial coa zona de equipamentos na que se atopan o colexio Xesús Ferro Couselo, o tanatorio municipal e o pavillón de Beiro. A estrutura metálica apóiase en estribos de formigón armado e muros de cachote a ambos lados da estrada autonómica, que durante a xornada de estivo cortada ao tráfico debido a estes traballos. A primeira hora da mañá unha grúa de grandes dimensións chegou á zona e posicionouse sobre a calzada e, posterioremente, chegou a pasarela.

Esta foi izada pola grúa para colocala na súa posición final e está previsto que nos próximos días se abra ao tránsito peonil. Previamente quedan por executar traballos de pavimentado nos dous extremos e tamén a colocación da varanda de seguridade.

Coa colocación da pasarela quedará concluída a obra de construción da senda peonil que conecta a estrada PO-548 coa a zona do colexio, pavillón, tanatorio e igrexa de Cordeiro, unhas actuacións nas que a Xunta de Galicia investiu 737.000 euros.

O trazado da senda peonil está xa rematado e en uso dende hai meses, pero problemas xeotécnicos obrigaron a introducir modificacións no proxecto orixinal, o que retrasou ata agora a instalación da pasarela coa que se conclúe o proxecto.

La Voz de Galicia

Falleció Luis Tarela.

A los 75 años de edad falleció en el día de hoy, Luis Elisardo Tarela Pereiro, vecino de la rúa San Lois que estaba casado con Clotilde Sierra García.

El velatorio está instalado en el Tanatorio Iria Flavia de Padrón (sala 3). El funeral tendrá lugar mañana sábado 18 de noviembre, a las 16 horas, en la Iglesia Parroquial de Pontecesures. Seguidamente será incinerado en la intimidad familiar.

Descanse en paz.

Encarna Otero falará sobre La Bella Otero esta tarde en Valga.

ABella Otero será protagonista dun faladoiro que se celebrará o vindeiro xoves, 16 de novembro, a partir das 19:00 horas no Museo da Historia, organizado polo Concello e a Deputación de Pontevedra no marco da iniciativa «Aquí faltan páxinas», que aborda historias vitais e profesionais protagonizadas por mulleres da provincia que non sempre saen nos libros.

O acto, aberto ao público, contará coa participación da historiadora, mestra e política Encarna Otero Cepeda, que será a encargada de relatar algúns dos aspectos máis salientables da vida de Carolina Otero, os seus logros e éxitos no París da Belle Époque, que a converteron en pioneira e a perpetuaron coma unha muller transgresora adiantada ao seu tempo.

«A Bella Otero. Unha icona da Belle Époque» é o título do faladoiro sobre a bailarina, cantante, actriz e cortesá. Unha brutal violación obrigouna a marchar de Valga con tan só 12 anos. Fuxindo do seu pasado, construíu unha historia que a catapultou á fama, á fortuna e ao corazón de ricos e poderosos.

La Voz de Galicia