Escrito dirixido ao Concello de Padrón por mor das obras no vestiario masculino da Piscina Municipal.

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE PADRON

Hai uns tres meses que comezaron as obras de acondicionamento do vestiario masculino da Piscina Municipal de Padrón, pero observamos, con desgusto de bastantes usuarios, que ditas obras están paralizadas ignorándose os motivos.
O certo é que estamos a soportar incomodidades de todo tipo, pois nun espazo moi reducido, uns 35 m2, témonos que cambiar ás veces máis de 20 usuarios cos conseguintes problemas sanitarios (risco de contaxio de enfermidades), de seguridade (as taquillas son claramente insuficientes) e incluso de salubridade (o estado do teito da zona de duchas é realmente lamentable como se pode apreciar na fotografía que se xunta).
Como usuario da piscina prégolle que se adopten, de xeito inmediato, por parte do concello as medidas oportunas para que se axilicen e rematen as obras canto antes. Resulta difícil de comprender que nos tempos que vivimos haxa unha situación tan anómala nunha instalación municipal.


Luis Ángel Sabariz Rolán.

Entroido en Pontecesures.

Coa actuación das nenas e nenos do CPI Pontecesures hoxe na Prazuela, arrancou a fin de semana de Entroido na vila.

𝐎 𝐯𝐢𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟐 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐫𝐳𝐨, 𝐥𝐞𝐦𝐛𝐫𝐚

𝐃𝐞 𝟏𝟔:𝟎𝟎 𝐚 𝟏𝟕:𝟏𝟓: inscrición só para as categorías Individual e Parella

𝐀 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐫 𝐝𝐚𝐬 𝟏𝟕:𝟎𝟎 todas e todos os participantes concentraranse na rúa Portarraxoi.

Á𝐬 𝟏𝟕:𝟑𝟎 comezará o desfile co seguinte itinerario:

Portarraxoi-San Lois-Travesía do Muelle-Peirao-Travesía do Automóbil-Sagasta-Prazuela

Concello de Pontecesures