A cafetaría Belsay de Pontecesures, da Avda. de Vigo. organiza este campeonato que terá lugar o venres, 24 de febreiro, ás 22:00 horas e no que está previsto pue participen 32 parellas que deben pagar 30 euros coma cota de inscrición. Os premios serán de 500, 300 e 100 euros para as tres parellas que ocupen os tres primeiros postos.
O sorteo celebrarase o propio venres no local ás 21:30 horas. Información é inscricións no teléfono 669/530887.
Sociedade
Enterro da lamprea o mércores 22 de febreiro en Pontecesures.
Sairá a comitiva da praza de abastos ás 19 horas e percorrerá as rúas de San Lois. Organiza o acto a ANPA do CPI Pontecesures e colabora o Concello de Pontecesures e Elias Sanmarco (El Show de los Payasos).
Movida cesureña
Fiesta «Europa baila» hoy sábado, 18 de febrero, en Chanteclair. También actúa la orquesta «Paris de Noia».
Bailar, saltar, desfasar… La Generación Europa FM sabemos pasarlo bien cuando salimos de fiesta. Viernes y sábados conectamos la radio a partir de medianoche para disfrutar de las mejores copas en la mejor compañía. El DJ Jonathan Castilla a los mandos de Europa Baila calienta motores con la mejor música dance.
¿Te apetece asistir a la Fiesta Europa Baila en Pontevedra? Pásate el próximo sábado 18 de febrero a partir de medianoche por la discoteca Chanteclair en Pontecesures (Pontevedra). Consigue regalos de Europa FM mientras que desde la cabina Jonathan Castilla, LM y Venus de Ponte A Prueba la van a liar!
Concello
Para substituir a unha limpadora o concello respecta a puntuación previa de xuño pasado.
Con data 13/02/12 causou baixa ao hospitalizarse por enfermidade unha traballadora do servizo de limpeza do concello, considerándose que é necesario contratar a outro traballador mentres dure a situación de incapacidade.
Con data 17/02/12, mediante resolución da alcaldía, decídese a contratación para esa substitución de Mª Rosa Domínguez Abreu, pois na selección efecutada nos Programas de Cooperación 2011 en xuño pasado foi a mellor puntuada entre as candidatas e prestou servizo así perante sete meses.
Lémbrase que foron dúas as traballadora contratadas de aquela como limnpadoras. A propia Mª Rosa Domínguez Abreu (6 puntos de cualificación) e Mónica Pesado Taibo (5 puntos de cualificación) que foi a segunda.
As grandes preguntas: ¿Sería normal que se contratase a Mónica Pesado Taibo en lugar de Mª Rosa Domínguz Abreu? ¿Por que este criterio da mellor puntuación, que é o máis razonable para estes casos de baixas por enfermidade no que se precisa unha actuación rápida, foi alterado na contratación da auxilliar administrativa?. O goberno local segue a dar a calada por resposta.
Sociedade
Morreu Manuel Elías Vázquez Otero.
Aos 89 anos de idade, morreu este veciño de Infesta que estaba casado con Marcelina Camino Carbia. O velorio está instalado na sala 1 do Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Dende alí, o sábado 18 de febreiro, ás 16:15 horas, sairá a comitiva fúnebre para a Igrexa Parroquial de Pontecesures onde terá lugar a misa funeral. O cadáver recibirá sepultura no cemiterio parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.