Sociedade
Inchables en Carreiras o domingo 25 de setembro.
A comisión de festas da Raíña dos Anxos de Carreiras (Pontecesures), ven de anunciar que o domingo 25 de setembro de 17 a 20 horas estarán instalados no Campo da Festa da pista da Barosa varios inchables para disfrute de balde polos máis pequenos.
Deportes
O Joyería Riveiro gañou en Bueu.
Dentro do grupo 3º da Liga de Fútbol Veterán o equipo cesureño gañou 0-1 en Bueu e agora está nos primeiros postos da táboa.
Cultura
Música en Valga.
A Banda de Música Municipal de Valga ofrecerá un concerto no Auditorio de Fereirós ás 21 horas do sábado 24 de setembro. Entrada de balde.
Turismo
Rutas turísticas para conocer el patrimonio local en Valga.
La Oficina de Turismo de Valga promueve una serie de rutas para que los vecinos conozcan el patrimonio cultural y natural del municipio. Hoy recorrerán un tramo del Camino Portugués. Partirán del albergue a las 16:30 horas.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 21/09/11
Concello
Unha decena de comerciantes asistiron á reunión de hoxe. A oposición non foi convocada.
Dos 46 comerciantes convocados, uns 10 asistiron á reunión de hoxe na Casa do Concello de Pontecesures que durou aproximadamente uns 25 minutos, e onde se explicaron aspectos relacionados coa Mesa Local do Comercio.
Presidiu a sesión o alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira, e asistiron os tres tenentes de alcalde, Cecilia Tarela, Roque Araújo e Ángel Souto, e o técnico local de emprego, José Francisco Rodríguez Fructuoso. Non foi convidado ningún concelleiro da oposición.
Falouse dos posibles asuntos que pode tratar unha mesa deste tipo e que poden afectar aos comerciantes (por exemplo, zona azul, campañas de nadal de ventas, alumeado navideño para dinamizar as rúas comerciais, etc..) e de que o órgano a constituir tería unha ou dous reunións ao ano.
Informouse que os 46 comerciantes van ser convocados de novo para o día 3 de outubro co obxecto de elixir o seu representante na Mesa Local de Comercio que vai ser constituída antes de fin de ano.