O Concello de Pontecesures organiza unha xornada de xogos no Día das Letras Galegas.

𝗢 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲𝗰𝗲𝘀𝘂𝗿𝗲𝘀 𝗼𝗿𝗴𝗮𝗻𝗶𝘇𝗮 𝗱𝗶𝗳𝗲𝗿𝗲𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗼 𝗗í𝗮 𝗱𝗮𝘀 𝗟𝗲𝘁𝗿𝗮𝘀 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗮𝘀 𝗼 𝟭𝟳 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗶𝗼:
Ás 17:30h realizáranse un compendio de xogos de temática agraria, que nos presentan un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía a nenos e maiores por unha eira chea de xogos.

Os participantes nesta aventura compartirán os xogos con marionetas, habitantes de granxa e xigantes que contarán pequenas historias.

A pretensión é facerlle accesible, a través da diversión para calquera público, unha cultura agraria que de por si adoita fascinar e marabillar.

Anímate a vivir un día das letras cheo de diversión con toda a familia!

Un coche se estrella contra otro aparcado en la Plaza de Pontevedra y queda dañada la cristalera de un establecimiento.

Sobre la 1:30 horas de anoche un vehículo que circulaba a gran velocidad (venía por la Avda, de Arousa) pasó por encima de la glorieta de la plaza arrancó algunos rosales y colisionó con un vehículo aparcado, causándose daños a la cristalera de un establecimento.

Intervinieron en el siniestro el GES de Padrón y la Guardia Civil.

En la instantánea, tomada esta mañana, se aprecia el paso del vehículo por la glorieta.

En la instantánea, también de esta mañana, se aprecia una chapa de madera que sustituye a la cristalera destrozada y se advierte la presencia de un guarda jurado por razones de seguridad.

Anxo Arca, candidato socialista de Padrón, estivo na presentación da lista de Pontecesures.

UN DÍA EMOCIONANTE cas presentacións das candidaturas socialistas de Pontecesures e Rois. Onte puiden achegarme a apoiar a Roque Araujo e Manuel Regueira, compañeiros e amigos de enorme calidade humana, chamados a gobernar para que os seus pobos poidan ter o futuro de progreso que merecen.#Padrón, #Rois e #Pontecesures son pobos irmáns. Pobos unidos por fortes lazos históricos, familiares, culturais e empresariais. Pobos que o vindeiro 28 de maio terán a oportunidade de abrir unha nova etapa de modernidade, de avance e de progreso.

Anxo Arca