O BNG de Pontecesures vese na obriga de abandonar o pleno antes de rematar a sesión.

Valoración do acontecido no pleno extraordinario urxente do pasado 21 de decembro.

O pasado luns 21 de decembro celebrouse un pleno extraordinario e urxente no cal os temas a tratar foron en primeiro lugar unha moción do BNG sobre o Centro de día para maiores nas antigas casas dos Mestres en contra da proposta do goberno municipal de entregarlle esos terreos ao Xacobeo para que fagan alí un albergue para peregrinos. Na orde do día, e a proposta do tripartito, figuraban tamén outros tres puntos que básicamente, pois non eran máis que cuestións procedimentais e burocráticas para, no seu día, acabar facilitándolle os terreos e edificación ao Xacobeo.

Como era de esperar o tripartito votou en contra da moción presentada polo BNG, xa que eles prefiren un albergue antes que unha infraestructura para os servizo dos nosos veciños, postura que o grupo municpal do BNG lamenta pois entendemos que se deben establecer prioridades e primero e antes que nada deben estar servizos para os veciños e logo para os de afora.

O BNG ben facendo ao longo da lexislatura unha oposición constructiva, con críticas ao que entende que está mal feito e con aportacións en positivo como nesta ocasión, proposta coa que se pode estar de acordo ou en desacordo, pero que en ningún caso merece como resposta do goberno municipal a burla, a mofa, a descalificación e o insulto. Actitude rechazable que afecta a todo o equipo aínda que proveñan dunha parte dos seus membros. Esta foi a actitude que mantivo tanto o tránsfuga Sabariz como o portavoz do PP Rafael Randulfe.

O Sr. Randulfe, unha vez máis e xa dentro da súa liña habitual de actuación, voltou a mostrar a falta de respecto polo grupo maioritario da corporación. Asimesmo o tránsfuga Sabariz, visiblemente alterado, aparte da actitude mencionada, verteu acusacións moi graves contra o BNG. Cando se lle pediu que explicara con claridade a quen acusaba das mesmas nos remitiu, inexplicablemente, aos periódicos.

A alcaldesa manifestou levantar o pleno e tamén expulsar a alguén, o que curiosamente non acabou facendo porque tería que expulsar a algún compañeiro do tripartito. A vista da actitude do goberno municipal e de que a propia presidenta non foi quen de reconducir a situación o BNG optou por abandonar o pleno despois de votarse a moción e como protesta polo sucedido esperando que estas actitudes sexan reconsideradas de aquí en diante..

O caldense José Lueiro responsable da productora «A contrabutaca» fala de Beatriz Porrúa coma actriz.

Pregunta da entrevista a José Lueiro publicada en «TIERRAS DE SANTIAGO». 22/12/09

– Traballo interpretativo con dous actores á cabeza, Beatriz Porrúa e Christian Escudero… ¿Qué tal se adaptaron eles ao musical?

– Eles xa tiñan certa experiencia no teatro infantil. De feiro, Bea xa traballara co Centro Dramático, e a Cristian contrateino porque xa o vira facendo teatro infantil e me encantara. Son dous actores con futuro interpretativo en Galicia e fora de Galicia. Penso que rematarán traballando fora de Galicia, porque teñen esa cualidade que se busca para os grgandes musicais, que é reunir esa forza interpretativa e unha calidade vocal grande. Pero al lado deles hai xente como Fran Ameixeiras ou como Victoria Pérez, por exemplo, ou Xan Casas, que fan un traballo moi meritorio.

Excursión a Cabeza de Manzaneda del Colegio Rosalía de Castro de Padrón.

Manza

Un total de 130 personas, entre alumnado, padres y docentes del colexio Rosalía de Castro, de Padrón, viajó a Cabeza de Manzaneda, en una excursión organizada por el ANPA del colegio, que decidió hacerla un sábado para que fuese una jornada de convivencia, en la que pudieron participar todos los padres y madres de los alumnos. El tiempo fue estupendo, con mucha nieve y con una temperatura ideal.

TIERRAS DE SANTIAGO, 22/12/09

Morreu Mª Sofía Torrado Pérez.

Aos 89 anos de idade, finou onte Mª Sofía Torrado Pérez veciña, moitos anos, da rúa Portarraxoi de Pontecesures.
O cadáver está a ser velado na sala 2 do tanatorio do Hospital Clínico de Santiago de Compostela.
Mañá mércores, 23 de decembro, ás 11:30 horas, celebrarase na Igrexa Parroquial de Pontecesures o misa funeral. Posteriormente o cadáver recibirá sepultura no cemiterio parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.