Despois de solicitalo en varias ocasións o Concello de Pontecesures, esta tarde unha pala abriu unha gabia conducindo a auga embalsada na cuneta da PO-548 Pontecesures-Vilagarcía (Avda. de Arousa) ata o tubo de 1 metro de diametro que estaba inutilizado e que vai logo baixo a pista que comparten Pontecesures e Valga (se vai por ela ao Centro Médico de Baño).
Agradécese a actuación realizada de xeito provisional, pero hai que insistir en que se canalice axeitadamente toda a cuneta ata a rotonda da Charca, xa que prodúcense outros embalsamentos antes, e para evitalos hai que instalar tubos de amplio diámetro, ou conducións en aberto, baixo as entradas das fincas das márxenes da estrada autonómica.
Sobre a iluminación, sobre a fixación das tapas dos pozos de sanemento e sobre as beirarrúas, non se coñecen novas.
Concello
Substituídas as luminarias dos semáforos afundidas por mor dos temporais.
Na tarde de hoxe quedaron substituídas estas luminarias cun camión grúa e de xeito urxente, co fin de evitar calquera risco para automobilistas ou peóns.
Maña está previsto colocar as luminarias na rotonda da Praza de Pontevedra que quedaron afundidas nestes días de temporal. Tamén se colocará na farola central, como todos os anos a árbore do Nadal.
Concello
Marchan a bo ritmo as obras de pavimentación de pistas en Pontecesures con maquinaria da Deputación.
A pasada semana quedou rematada, a pavimentación da pista variante en Condide do Camiño do Regadío (sae fronte Construcciones Caamaño para a esquerda, vindo de Valga a Pontecesures).
No día de hoxe, quedou pavimentada a metade da pista que une Condide con Carreiras polo Couto. Espérase que maña remate a obra en dita pista.
Posteriormente a maquinaria desprazarase á rúa Cantillo de San Xulián é a o Souto de Porto para botar capas de rodadura nas mesmas.
Concello
Pontecesures dió luz verde a los presupuestos….para 2009
Corporación cesureño en el ultimo pleno.
Las partidas sólo salieron adelante gracias al voto de calidad de la alcaldesa ·· La oposición criticó que haya 3.100 euros para gasto real.
Luis Ángel Sabariz: «Baliñas criticou que a miña dona se presentase a un obradoiro…e agora vai a súa».
.
La Corporación de Pontecesures despedía noviembre aprobando los presupuestos 2009, un mes antes de su vencimiento. Las partidas, que suman 2.037.136 euros en ingresos y otro tanto para gastos, salieron adelante ??con un empate de cinco sufragios del BNG y otros tantos del gobierno (PP, IP y no adscritos)??, por el voto de calidad de la alcaldesa Maribel Castro. y uno de los aspectos más criticados por los nacionalistas fue que únicamente se reserven 3.100 euros para gastos reales.
La sesión incluyó la liquidación del ejercicio de 2008, con un remanente positivo de tesorería para gastos generales de 310.253,69 euros. Y en el segundo punto se aprobaba un expediente de modificación de créditos al presupuesto prorrogado en vigor por importe de 159.154,88 euros, que se utilizan de ese remanente para abonar facturas de ejercicios anteriores (recogida y tratamiento de la basura, obras varias, suministro de agua desde O Lapido, guardería… y también asistencias a sesiones de los corporativos al último trimestre de 2007).
Los restantes 23.000 euros se destinan a las primeros gastos del obradoiro de emprego que comienza antes de fin de obra. Hubo debate por el pago que quedó fuera del convenio con Medio Rural, para la fuente de A Toxa.
TIERRAS DE SANTIAGO, 08/12/09
Sociedade
Cincuenta parados máis en Pontecesures no mes de novembro.
Ao rematar outubro, había en Pontecesures 299 parados inscritos nas oficinas de emprego. Esta cifra pasou, ao rematar novembro, a 349. Deles, 41 son menores de 25 anos (20 homes e 21 mulleres), e 308 maiores desa idade (121 homes e 187 mulleres).
Concello
Candidatos que pasan á entrevista para director do obradoiro de emprego.
González Lestón, Mª Carmen
Saso Vías, Javier
Fernández Fernández, Daniel
Rejes Canoura, Isabel
Prol Rejo, Milagros