Unión Fenosa recolocou a columna derrubada polo temporal na rúa dos Namorados de Porto.

O venres, 13 de novembro, por mor do temporal, caeu derrubado un vello poste de madeira de Unión Fenosa que estaba situado sobre unha beirarrúa da rúa dos Namorados de Porto.
No seu lugar instalouse por Elenor, empresa concesionaria da compañía eléctrica, un poste de formigón. En lugar de facelo no mesmo sitio (o poste estaba no medio e medio da beirarrúa dificultando o paso das persoas), desplazouse ata a extrema dunha parcela por solicitude do concello e coa autorización dos titulares do terreo.

O Dj valenciano Luis López, esta noite en Chanteclair.

Luis Lo

Hoxe luns, 7 de decembro, actuará á partir das 23:00 horas na sala de festas cesureñas o Dj Luis López.

Actualmente forma parte da equipa de Radio Djs de Máxima fm, a emisora Dance de maior éxito e crecemento en toda España.
Este valenciano de nacemento é un dos djs máis importantes no panorama nacional, tendo unha grande presenza nos medios a través de Máxima fm e das noites na illa de Ibiza.

Tamén entrou auga na nave de obras de Pontecesures.

Foi na noite do sábado para o domingo pasado. Ao estar os tubos da drenaxe da parte traseira obstruídos, entrou algunha auga na nave situada na rúa Pousa Antelo de Pontecesures.
A auga foi evacuada no día de hoxe, e non houbo danos aparentes, pero se veron afectados os labores que se realizan para preparar as carrozas da cabalgata de reis pois onte, practicamente, non se pudo taballar nese cometido. Nos vindeiros días laborais realizaranse traballos para garantir o correcto funcionamento da drenaxe da istalación.

Las lluvias anegan un corral en Valga.

En Valga, en el lugar de Cordeiro, el río se salió de su cauce y se inundaron dos casas. Los propietarios de una de ellas no pudieron hacer nada para salvar a una camada de cachorros de raza, valorados en unos 2.000 euros. Sus vecinos perdieron todas las gallinas y conejos que criaban en su corral.

LA VOZ DE GALICIA, 07/12/09