Reparan el repetidor de televisión de Pedroso Sur.

El alcalde en funciones de Padrón, Eloy Rodríguez, informó ayer de que un equipo de mantenimiento detectó una anomalía en el repetidor de señal de televisión instalado en la aldea de Pedroso Sur, avería que provocó que los vecinos no pudieran ver tres canales televisivos. El fallo, ya reparado, se localizó en la fuente de alimentación del aparato, que estaba fundida. Queda ahora por «indagar quen colocou outro repetidor no mesmo poste e se o mesmo pode causar a distorsión na recepción da sinal televisiva na zona», explica Eloy Rodríguez quien aclara que «non tiven coñecemento persoal do problema ata o venres pola tarde e, de sabelo con anterioriedade, xa estivera solucionado con máis antelación».
No obstante, ayer por la tarde los vecinos de Pedroso aún no podían ver todas las cadenas, de modo que de la primera de la televisión pública estatal todavía no recibían señal.

LA VOZ DE GALICIA, 29/11/09

As figuras do belén prepáranse para recibir ao neno Xesús.

Belén

Dúas integrantes da asociación ??Amigos do Belén? elaboran algunhas das duascentas figuras que se engadirán este ano ao nacemento de Valga.

A asociación ??Amigos do Belén?, de Valga, apura os últimos días para que, o 6 de decembro, volva a abrirse ao público un dos nacementos máis espectaculares e visitados de todos cantos se confeccionan en Galicia con motivo das festas de Nadal. Haberá novidades, que este ano chegan da man da Batalla de Casal do Eirigo ou a Festa da Xuventude. E tamén haberá sorpresas que só poderán descubrir os que vaian visitalo.

Achégase o Nadal e o Belén Artesanal de Valga xa quenta motores. O día 6 de decembro poñerase de novo en movemento e xa van quince anos dende que un grupo de veciños do municipio decidise sacar adiante esta iniciativa que, co tempo, se ten convertido nun dos nacementos máis impresionantes e visitados de toda Galicia. Os datos falan por sí mesmos. No Nadal de 2008 foron máis de 35.000 as persoas que se achegaron ata a parroquia de Campaña para botar unha ollada a este belén, que neste ano volverá a batir todos os seus récords: con máis de 3.500 figuras dispostas nunha superficie aproximada de 250 metros cadrados, aos que se chegaron logo dunha pequena ampliación do espacio expositivo.
Nestes días, os integrantes da asociación cultural ??Amigos do Belén? traballan a marchas forzadas para que todo estea listo e disposto para o 6 de decembro. Os nervios comezan a aflorar entre algunhas das 32 persoas que cada tarde se dan cita no local da Rúa Nova de Campaña para axudar nas tarefas de confección e distribución das figuras demais elementos que forman parte do belén. ??Hai quen di que non imos rematar para o día 6 e están nerviosos, pero eu penso que si?, comenta Mari Carmen Castiñeiras, concelleira de Cultura e presidenta de ??Amigos do Belén?.

Avanza que haberá novidades. Unha das máis notables, pola cantidade de figuras que aglutina, será unha recreación da Batalla de Casal do Eirigo, na que aparecerán un grupo de soldados franceses aos que plantan cara os membros dunha alarma local. Dous destes ??guerrilleiros? estarán en plena loita e terán movemento. Tamén aparecerá no nacemento a Festa da Xuventude, coa súa capea de vaquillas, na que un toureiro trata de guíar a unha das reses. E a isto haberá que engadir outras sorpresas que, polo de agora, non poden desvelarse e que haberá que descubrir ??in situ?. En total, haberá unhas duascentas figuras de nova creación, que os veciños elaboraron con periódicos, cinta de papel, arames, pasta de modelar e retais de tela.

No tocante á distribución, unha das innovacións será a presencia de casas colgantes, así como unha estrada con paseo que nestes momentos se está a colocar na parte superior. Nel aparecerá xente camiñando e, ao seu lado, unha estrada pola que circulan turismos e motos.

Nesta ocasión, ademais, os visitantes do belén poderán optar a un premio. Os organizadores plantexarán un concurso para que poida participar todo aquel que queira. Entre as figuras do nacemento aparecerá un personaxe da nobreza española e haberá que descubrir de quen se trata. As respostas terán que depositarse nun buzón e, entre os que acerten, farase un sorteo. O gañador poderá levar para a súa casa unha das figuras do nacemento que non teña movemento.

Esta, a do movemento, é unha das principais características do belén de Valga, que seguirá tendo carácter gratuito para todos os visitantes, aínda que a avoiña ??Diolo paghe? agardaráos a todos na porta pedindo limosna. Non faltarán de novo os efectos especiais, que se introduciron hai un par de anos, así como as principais escenas que rodean a historia do nacemento de Xesús: a anunciación, a adoración dos Reis Magos, a matanza dos inocentes… Unha voz en off irá guiando aos visitantes e relatando o Misterio do nacemento de Cristo e, en paralelo, as figuras comezan a coller movemento e a desfilar ante os ollos dos espectadores.

Sen esquencer, como rasgo singular, que estes douscentos metros cadrados de superficie acollerán tamén algunhas das tradicións de Galicia e, máis concretamente, de Valga: a malla do trigo, a matanza do porco, a Santa Compaña, un circo, a banda de música, a Bela Otero subida a un escenario, a procesión dos lacóns de Cordeiro, a dos panos de oito puntas de Xanza ou Mina Mercedes, que comparten protagonismo coas escenas propias da tradición belenista.

DIARIO DE AROUSA, 29/11/09

Miembros de Portección Civil de Valga retiran varios árboles caídos en Cordeiro y Xanza.

La agrupación de voluntarios de Protección Civil de Valga procedió ayer por la mañana a talar un árbol de granes dimensiones que estaba a punto de derribarse sobre una pista secundaria en Beiro, en la parroquia de Cordeiro. Se trata de un pino que se vió afectado por el temporal de hae 15 días, pero no se pudo talar en aquella ocasión por falta de una grúa. Esta maquinaria les llegó ayer, por lo que procedieron a cortar el árbol. Los mismos voluntarios acudieron posteriormente al lugar de Outeiriño, en Xanza, donde tuvieron que retirar otros tres pinos que se habían caído sobre el tendido eléctrico.

FARO DE VIGO, 29/11/09

O luns, 30 de novembro, pleno ordinario de marcado carácter económico.

Será ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:

1. Acta anterior.
2. Expediente de modificación orzamentaria de suplemento e crédito extraordinario nº1/09
3. Proxecto de orzamento municipal 2009
4. Liquidación orzamento 2007 e 2008. Dar conta
5. Resolucións da alcaldía. Dar conta
6. Informes da presidencia
7. Rogos e preguntas

Faise un chamamento aos veciños para que asistan a este interesante pleno no que se tratarán asuntos económicos importantes para esta institución. Ogallá o salón de sesións estea ateigado de público.

O Padroado do Pedrón de Ouro rememora a paixón de Camilo Agrasar pola figura de Rosalía.

O Padroado da Fundación do Pedrón de Ouro presentou onte no auditorio da Casa-Museo de Rosalía o libro Camilo Agrasar e o entusiasmo apaixonado por Rosalía, libro co que quere renderlle unha sentida homenaxe á persoa que fixo posible, xunto con Xosé Villar Granxel, a adquisición e restauración da vivenda de A Matanza ata lograr convertela nun museo. As tres fillas e unha neta de Camilo Agrasar, o seu irmán, xunto con amigos, veciños e personalidades galegas coma o presidente de honra do Padroado do Pedrón de Ouro, Avelino Pousa Antelo, a presidenta da Fundación Rosalía, Helena Villar, entre outras persoas, non quixeron faltar ao acto, que tamén contou coa presenza de representantes do Concello padronés e da Irmandade de Fillos e Amigos de Padrón.
O escritor David Otero foi o primeiro en tomar a palabra para lembrar que o entusiasmo apaixonado de Camilo Agrasar a figura de Rosalía de Castro tamén se estendía ao Padroado da Fundación do Pedrón de Ouro, do que foi creador no ano 1964, e a Galicia. Tamén falou o poeta Xesús Santos e fíxoo para resaltar que lle debe a moito a Camilo Agrasar.
Pola súa banda, o secretario da Irmandade de Fillos e Amigos de Padrón, Xosé Carlos Carballido, asegurou que o acto de onte, de lembranza e de honra a un «galego exemplar», «engrandece a un pobo». Carballido destacou que o amor de Agrasar pola obra de Rosalía de Castro fixo posible que esta «deixara de ser catro liñas nos libros para se converter en todo un piar da cultura».
O libro presentado recolle unha recompilación de diversos artigos que publicou Camilo Agrasar ao longo da súa vida, así como diversas valoracións da súa personalidade, firmadas por autores como Avelino Abuín de Tembra, Helena Villar Janeiro, Avelino Pousa Antelo ou Xesús Santos, entre outros.
O acto de onte tamén serviu para lembrar que, grazas á iniciativa e empeño de Camilo Agrasar, padronés de nacemento falecido en 1983, e coa axuda económica da colonia padronesa en Uruguai, a vila inaugurou a estatua a Rosalía de Castro que preside o Paseo do Espolón.

LA VOZ DE GALICIA, 28/11/09

El embajador venezolano, con Quintá.

Ven

El embajador venezolano, Julián I. Rodríguez, segundo izquierda, con Quintá, quinto.

El embajador de Venezuela, Julián Isaías Rodríguez Díaz, acompañado del cuerpo diplomático, visitó la sede del grupo Quintá en la calle Campaña, de Valga. Allí fue recibido por Andrés Quintá, promotor de una firma que engloba a Extrugasa, empresa líder en el sector del aluminio extrusionado. Cuenta con una moderna factoría de 110.000 metros cuadrados, en la que existen cuatro líneas de extrusión de 1.300, 1.600, 2.500 y 3.200 toneladas, así como otras tres líneas automáticas de anodizado de perfiles.

EL CORREO GALLEGO, 28/11/09