La plaza de Macías, en Padrón, albergará mañana a mediodía un acto contra la no violencia para toda la comarca de Sar, convocado por el CIM local. El concejal Manuel Pereiro leerá un manifiesto.
EL CORREO GALLEGO, 28/11/09
La plaza de Macías, en Padrón, albergará mañana a mediodía un acto contra la no violencia para toda la comarca de Sar, convocado por el CIM local. El concejal Manuel Pereiro leerá un manifiesto.
EL CORREO GALLEGO, 28/11/09
A AEMET informa sun episodio de meteoroloxía adversa por vento e choiva que afectará ao litoral de Galicia a partir do 28 de novembro.
Vento: espérase que a partir das 00:00 horas do sábado 28/11/09, a posibilidade de refachos de vento fortes poderán superar os 90 km/h e que afectarán ás provincias de A Coruña, Pontevedra e Lugo.
Choiva: espérase que a partir das 00:00 horas do 28/11/09 nas provincias de A Coruña, Pontevedra e Ourense poidan superarse os 15 mm de chiva acumulada nunha hora.
Adriana Rivas Seijo Gaiteira de Pontecesures
Adriana Rivas ten 17 anos e leva tocando a gaita desde os oito, aínda que con seis aniños xa empezou coa frauta. Desde entón a súa vida xira arredor da música. Xa exerce de profesora de gaita co grupo Algueirada, é gaiteira solista na Banda de Música de Valga, recibe clases de requinta en Santiago a chegou a tempo para poder coller o bacharelato pola rama de artes escénicas, música e danza, que se imparte no instituto Antonio Fragua, de Compostela. A súa idea é poder vivir da música dun xeito ou doutro. De momento, xa vai polo seu sétimo premio. O último, o que gañou o sábado en Rianxo, con Jordi Castaño ao tambor.
-¿Ata onde quere chegar no mundo da gaita?
-A miña ilusión sería poder facer conservatorio de gaita, pero aínda me queda moito por estudar.
-¿Aspira a facer deste instrumento a súa profesión?
-Gustaríame poder estudar maxisterio musical para ser profesora de música e poder dar tamén algunha clase particular.
-¿Vese como unha Cristina Pato ou unha Susana Seivane?
-Non lle pecho as portas a nada, estaría ben.
-De momento xa está ensinando gaita a outros, ¿en que se sinte máis cómoda, de mestra ou de alumna?
-Ser profesora ten un pouco máis de risco porque ten máis responsabilidade que ser alumna, pero vaise levando.
Columna «A pie de calle». LA VOZ DE GALICIA, 27/11/09
Na reunión que tivo lugar hoxe, venres, ás 13:30 horas só asistiu o representante da UGT, José Vázquez González, que foi informado das cuestións de persoal que figuran no documento orzamentario.
Tamén foron convocados, no día de onte, para esta reunión previa aos orzamentos, CC.OO e CIG.