Celébrase o venres, 4 de decembro. A partires da 1:00 horas convidarase aos asistentes a pinchos e champán.
Estarán á venda camisetas conmemorativas+superbock ao prezo de 5 ?.
Tambén haberá agasallos sorpresa
Opinión
Falan do metro mentras deixan morrer o tren.
Leín no TIERRAS do 27 de outubro que estos grandes políticos que nos gobernan estudan a posibilidade de que un metro lixeiro poida comunicar a capital galega coa súa comarca. E me pregunto, ¿e logo porque están deixando morrer o tren?
Manuel Forján (Padrón) . TIERRAS DE SANTIAGO, 01/12/09
Cultura
Personaje de la semana. Beatriz Porrúa, cantante y natural de Pontecesures.
La joven y conocida artista censureña acaba de publicar su último disco, Berce Galego, y actuará en Xallas. La presentación congregó a numeroso público en Área Central, Santiago.
TIERRAS DE SANTIAGO, 01/12/09
Opinión
Padrón non solta amarras.
Cal barco varado Padrón, talvez para lembrarlles ás novas xeracións o seu pasado de porto mariño do que o grande arcebispo Xelmírez mandou dende os astaleiros irienses a primeira escuadra da mariña española, segue ancorado resistíndose anos tras anos a soltar as amarras da engalaxe. Mentres os concellos dunha ampla comarca subían ao tren do progreso que os levaba á expansión urbanística da que hoxe fan gala e se benefician, Padrón permaneceu no sopor do doce soño vendo pasar o tren da oportunidade durante décadas, vivindo de rendas dun glorioso pasado do que só no plano histórico,de tradición e cultural soubo manter o alto nivel. Non obstante Padrón foi quedando no vagón de cola en canto ó desenvolvemento urbanístico.
Ata incluso no tema do Xacobeo, coma moi ben dicía hai días o párroco de Santiago de Padrón, reverendo Roberto Martínez, que sendo Padrón berce santiaguista aínda non estamos nas debidas e máis óptimas condicións en canto ás estruturas necesarias para garantir o éxito, confirmándose os reiterados comentarios que o cronista leva feito .
A urbanización da canle do río Sar que a Cotop ofreceu no 1991 coa construción de 2.600 vivendas foi sen dúbida a grande ocasión perdida. ¿Onde estaban os nosos políticos? Faltou decisión e valentía política para subir a un de tantos trens que pasaron pola porta de Padrón sen que se aproveitaran, do que se laian hoxe todos os padroneses.
Confiemos en que novos ventos sopren máis a favor desta gran vila e ao fin se produza o despertar do seu soño coa ansiada engalaxe…
José Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIAGO, 01/12/09
Concello
A Comisión de Contas dictamina favorablemente as contas xerais de 2007 e 2008.
Votaron a favor a alcaldesa, Maribel Castro, Jesús Rey (PP) e Luis Sabariz (non adscrito). Abstivéronse, Xosé Antonio Baliñas (BNG) e Arturo Ferro (BNG).
Agora vaise publicar o anuncio de exposición das contas no Boletín Oficial da Provincia por 15 días. Rematado este serán sometidos os documentos á aprobación plenaria.