Profesores de Cesures, Catoira y Valga participan en un curso de prevención de drogas.

Desde el plan de prevención de drogodependencias de los ayuntamientos de Catoira, Dodro, Padrón, Pontecesures, Rois y Valga se ha tomado una decisión: organizar un curso de formación dirigido al profesorado. «Sendo conscientes do importante papel que teñen os mestres á hora de transmitir á comunidade valores, actitudes ou crenzas, á vez que son un modelo de comportamento, consideramos que é preciso ofertarlles a formación necesaria que lles permita xenerar actitudes que desemboquen na toma de conciencia da importancia da educación para a saúde». Es decir: se pretende dar herramientas a los profesores para que estos, a su vez, sean capaces de conducir a sus alumnos por un camino desde el que sean capaces de soportar la presión del grupo y de reafirmar su personalidad.
El horario
El ciclo formativo destinado a los docentes es de carácter gratuito, y se celebrará de martes a jueves, entre el 3 y el 12 de noviembre, en el instituto Macías o Namorado de Padrón. Las charlas se desarrollarán entre las cinco de la tarde y las nueve de la noche.
Con este curso pretende extenderse el concepto de escuelas saludables, que son aquellas en las que toda la comunidad educativa trabaja para mejorar la formación en materias relacionadas con la salud y los hábitos y patrones de consumo y comportamiento, sentando las bases del estilo de vida de los alumnos.

LA VOZ DE GALICIA, 27/10/09

O mércores preséntase en Cornes-Santiago, un libro sobre a histórica liña ferroviaria Carril-Cornes.

O mércores 28 de outubro, ás 20:30 horas, terá lugar no Auditorio da Casa das Asociacións (antiga Estación de Cornes-Santiago), o acto de presentación do libro de Xoán Luís Miguéns García «Historias do Carril-Cornes» que é a primeira liña ferroviaria de Galicia e que cumpriu 135 anos. O libro está coeditado polo Consorcio de Santiago e Sotelo Blanco Edicións.

Xoán Luís Miguéns é socio de honra da Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril.

Contarase coa presenza e participación no acto do alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo.

Na noite do sábado romperon unha cristaleira da Cafetería NU-2

Dúas personas, segundo algunhas testemuñas encarapuchadas, romperon, sobre ás 00:45 da madrugada do domingo 25 de outubro, unha cristaleira desta cafetería situada na rúa Carlos Maside de Pontecesures coa intención, ao parecer, de roubar.
O ruido alertou a varios veciños do edificio onde se atopa este establecemento, e os delicuentes fuxiron sen entrar no inmoble.
Presentáronse, logo de producirse os feitos, dúas patrullas da Garda Civil, que investigan o sucedido.

Borobó contra Wallace Souza.

Foi un xornalista que facía agromar as palabras dun raro manancial no que converxen a dignidade e o sentimento gozoso da cultura. Nada que ver cos espadachíns do abrente que segan pescozos desde as columnas xornalísticas de neón. Tampouco pertencía á estirpe dos mefistofélicos que se venden ao mellor postor cun aceno cínico e un pasador inzado de billetes na gravata.

Raimundo García Domínguez, Borobó, foi un sobrevivente da vida e do xornalismo, cun lirio eterno de brancura na alma. Nin os expedientes trala guerra civil, nin os azares dunha profesión moralmente perigosa, segaron a súa bonhomía. ?l representa un xeito de vivir o xornalismo, de anaco en anaco, que nada ten que ver con esta feira mordaz das vaidades e dos estragos. As televisións énchense de pseudoxornalistas que escrutan, coma lobos frecuentadores, os sumidoiros do mundo rosa. Iso por non falar dos moitos tertulianos e discutidores afeitos a manexar o látego a piñón fixo. Despois da nobre arte da dialéctica quédanos a demagoxia pseudoideoloxizada.

Hai, claro está, profesionais irreductibles que fan o seu traballo coas armas fráxiles da decencia. Pero iso é difícil nestes tempos de cruzadas con hematomas colaterais. Demasiada xenreira entre empresas xornalísticas que reducen a política a unha guerra de titulares oportunistas.

Certo que sempre existiron os comisarios na profesión e as prumas alugadas, molladas no alcol do cinismo. Pero en medio deste panorama enteirámonos de que un famoso presentador televisivo do Brasil, un tal Wallace Souza, provocaba crimes para ofrendalos como gran primicia no seu programa de sucesos. Pagaba para que os mercaderes da morte segasen vidas por un pouco máis de share. Velaí unha representación simbólica dunha nova fronteira para o xornalismo infamante. Un eco cruel desa filosofía de que todo vale para alimentar a serpe golosa e omnívora da audiencia.

Por iso é necesario volver a aqueles que sentiron o xornalismo como unha forma de observar e relatar o mundo, con culta lucidez e sen estridencias sensacionalistas.

Falo de Borobó, que foi tamén Don Gallego, Uriel ou o impagable Ánxelo Novo, pseudónimos dunha obra con múltiples vasos comunicantes. Convén revisar ese legado para saber que o xornalismo tamén pode ser un eido plural, luminoso e reconfortante.

Artigo de Xavier Lama (escritor). Tribuna Abierta. ELCORREO GALLEGO, 25/10/09