A última hora da tarde continuaba a limpeza do local de Carnicería Eitor tras o incendio.

O propietario, a familia e varios amigos, traballaron de arreo toda a tarde para limpar o baixo incendiado. Como principais danos salientanse os causados na pintura de paredes e falso teito, e na instalación eléctrica do inmoble.
Por outra banda, hai que dicir que quedaron estragados, polo fume, prácticamente todas as mercadoría do establecemento, en especial os produtos cárnicos.
Unha vez que se acondicione o local nas vindeiras horas, espérase que abra ao público canto antes.

Incendio no baixo da Carnicería Eitor.

Sobre ás 14:20 horas de hoxe, e cando o propietario, Javier Moreiras Eitor, xa había pechado o establecemento ao mediodía, declarouse un incendio nesta carnicería situada na rúa San Lois, 44 de Pontecesures.
A orixe do lume, parece ser que estivo nunha pequena oficina da parte traseira do baixo. O incendio xa está extinguido, pero arestora segue a utilizarse auga das mangueiras para eliminar o fume, e comprobar os danos sofridos por mor do sinistro.
Na extinción participaron efectivos de Protección Civil de Padrón, Pontecesures e da Policía Local cesureña.

Nova petición de contas do BNG de Pontecesures. Agora pide as do Servizo de Obras do Concello.

No día de onte, e mediante escrito asinado pola concelleira e responsable local do BNG de Pontecesures, Cecilia Tarela Barreiro, solicitou as «contas detalladas e facturas e albaráns detallados do servizo de obras do Concello de Pontecesures correspondentes á compra de material, combustible e aluguer de maquinaria, dentro dos últimos seis meses».

Por suposto nos vindeiros dias se vai a poñer a disposición da concelleira nacionalista toda a documentación relativa á petición, cos documentos da contabilidade municipal.

Cores Tourís cita melloras no peirao de Pontecesures ao falar de investimentos dos orzamentos da Xunta.

A Consellería de Mar tamén amosa a súa implicación coa provincia de Pontevedra, con unha inversión global de 45 millóns dos que 4 millóns de euros destinaranse a axudas ao sector pesqueiro e a acuicultura. ??Tamén cabe destacar en relación con este departamento o investimento previsto por Portos para a nosa demarcación provincial, case un millón e medio de euros, para diversas obras de creación, ampliación e mellora relativas ás zonas portuarias de Pontecesures, Bueu, Aguete (Marín), A Illa, Combarro (Poio), Cambados, O Grove, Portonovo (Sanxenxo) e Vilanova de Arousa?, manifestou o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

El Plan E de 2010 dejará en Pontecesures unos 336.000 euros.

El Plan E de 2010 dejará en la comarca Ulla Umia 3,7 millones en proyectos ambientales y sociales

El Consejo de Ministros aprobará en los próximos días el segundo Fondo Estatal de Inversión Local que el Gobierno central pondrá en marcha para el año 2010 y que dejará en la comarca alrededor de 3,7 millones de euros para que los concellos puedan invertir directamente.

El subdelegado del Gobierno, Delfín Fernández Álvarez, que ayer supervisó las obras ejecutadas este año en Cuntis con cargo al Plan E, anunció que este municipio recibirá en 2010 la cantidad de 558.576 euros. Será el tercero más beneficiado de la comarca, por detrás de Caldas de Reis ­un millón de euros­ y Valga, que contará con 658.000. A Moraña le corresponderán, según las cifras estimativas que desveló Fernández, casi 470.000 euros; Catoira podrá invertir 376.000 y Portas y Pontecesures se mueven en cantidades muy similares, con 333.000 el primero de los dos concellos y 336.000 el municipio del Ulla.
Este dinero podrá destinarse a proyectos incluidos en tres grandes áreas: obras de sostenibilidad ambiental, relacionadas con el desarrollo tecnológico o iniciativas para la aplicación efectiva de la Ley de Dependencia. Al marcar estas tres líneas de actuación, el Gobierno pretende ??promocionar un novo modelo económico?.

DIARIO DE AROUSA, 22/10/09