El PP presenta una moción alternativa en la que insta a sumarse activamente a la comisión de cercanías.

En el pleno del jueves se debatirá tambien una moción del PP relacionada con el tren. Los populares ya la presentaron el mes pasado, pero no entró en el orden del día. En ese documento, el partido que lidera Tomás Fole insta al gobierno local a que se sume «activamente» a la comisión creada para la defensa del tren de cercanías entre Vilagarcía y Santiago, así como a adoptar los acuerdos suscritos por esa comisión en un manifiesto que pide que se conserven las vías actuales para el servicio de cercanías.

LA VOZ DE GALICIA, 25/07/09

Abuín di que a Xunta decidirá o uso que terán as vías pero aposta por dialogar no marco do Eixo Atlántico.

O portavoz socialista no grupo de goberno, Marcelino Abuín, lembrou que o futuro uso que terá a antiga vía férrea é unha decisión que corresponde á Xunta de Galicia. Abuín sinala que o bipartito está a berto a escoitar propostas de Santiago e a alcaldesa, Dolores García, lembra que ata en tres ocasións se reuniron con ??Salva o Tren? para coñecer a súa postura, polo que considera que Vilagarcía non é allea ao diálogo co resto de sectores involucrados no asunto.
Non obstante, Marcelino Abuín explica que, a pesar de que será a Xunta a que decida que facer, o ámbito no que se manexará o goberno local seguirá sendo o do Eixo Atlántico, pois entende que é o que regula as relacións entre as cidades máis importantes do litoral galego e, polo tanto, tamén cales serán as súas liñas de transporte para comunicar unhas con outras.

Así, ratifica os últimos movementos do Concello, que se ausentou a unha reunión co conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, e representantes dos demais concellos vencellados ao tren de cercanías Vilagarcía-Santiago e, por outra banda, si participou no encontro impulsado no seo do Eixo.

En calquera caso, Marcelino Abuín insiste en que o municipio arousán debe plantexarse este asunto dende un punto de vista meramente local.

Pola súa parte, Xosé Castro Ratón recoñeceu que o goberno local puido ter ??puntuais erros de comunicación?, referíndose á polémica suscitada entre Vilagarcía e os restantes muniicpios colindantes, que o nacionalista aclara botando man do seu habitual sentido da concordia dicindo que a solución é factible e satisfará a todas as partes.

Por último, os tres concelleiros lembraron na presentación da moción que se levará ao Pleno do vindeiro xoves, o acordo da Corporación para crear a senda verde e desmantelar a vella vía de tren. Este pacto, ratificado por todos os partidos, produciuse en 2006.

DIARIO DE AROUSA, 25/07/09

Os veciños poden alegar contra a retirada do símbolo franquista ata o día 31 de agosto.

O Concello de Pontecesures dará cumprimento aos requisitos dictados polo Arzobispado de Santiago de cara á retirada do símbolo franquista existente na fachada da igrexa parroquial e abre un prazo para que os veciños poida presentar alegacións. Prolongarase ata o día 31 de agosto.

Neste período, os cidadáns, especialmente os familiares e descendentes das persoas que aparecen nomeadas neste símbolo, terán posibilidad de presentar por escrito no Consistorio os seus comentarios ou suxerencias no relativo á retirada da lauda, que está gravada sobre a pedra. Os nomes que inclúe son os de Adolfo González Casal, José Gómez Grela, José Oliveira Limeres, Manuel Lafuente Moreiras, Francisco Vieites Pérez, J. Ángel Angueira Fernández, José Dios Bugallo, José Bóveda Villamarín e Ramón González Jamardo.
A apertura deste prazo de alegacións decidiuse nunha reunión celebrada na noite do xoves no Concello e na que participaron a alcaldesa, Maribel Castro, os edís do PP Rafael Randulfe e Jesús María Rey, o concelleiro non adscrito Luis Sabariz, e a representante do BNG Cecilia Tarela. O párroco de Pontecesures, Arturo Lores, que tamén estaba convocado, non puido asistir. Previamente, o Arzobispado requeriu ao Concello para que ofrecera a posibilidade de alegar aos veciños posto que considera que a retirada do símbolo fascista pode ??afectar a sentimentos? dalgunhas persoas.

As suxestións que se reciban serán enviadas polo goberno local ao Arzobispado para que as analice e decida se está disposto a respaldar a eliminación do símbolo, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica. Unha vez adoptada esta decisión, será cando se inicie a tramitación concreta da retirada, para determinar as tarefas a realizar, solicitar autorización de Patrimonio e abordar o financiamento. O Concello quere que sexa a Igrexa a que pague as obras.

DIARIO DE AROUSA, 25/07/09

Piden ao cura que informe nas homilías.

O Concello dará a maior sifusión posible á apertura do prazo para presentar alegacións, tanto a través de Internet coma nos medios de comunicación. Ade´mais na reunión do xoves acordouse dar unha copia do anuncio ao párroco de Pontecesures, Arturo Lores, para que lle dea lectura na homilía das misas e informe aos feligreses.

DIARIO DE AROUSA, 25/07/09

O BNG levou o asunto ao Pleno.

A retirada do símbolo franquista da fachada da igresa de Pontecesures foi unha solicitude realizada polo grupo municipal do BNG, que cré que é necesario dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica. A moción nacionalista foi aprobada por unanimidade de toda a Corporación, aínda que cunha emenda do equipo de goberno.

DIARIO DE AROUSA, 25/07/09

Hospitalizan a un vecino de San Miguel que foi atacado por unha morea de nespras.

Un home, veciño da parroquia de San Miguel, no municipio de Valga, foi hospitalizado onte no Clínico de Santiago de Compostela despois de ser atacado por unha morea de nespras cando realizaba tarefas agrícolas. O ferido, de iniciais F.G.G. e uns sesenta anos de idade, atopábase desbrozando un terreo da súa propiedade no monte de San Miguel, cando o atacaron os insectos e lle picaron en diversas partes do corpo.
Deu a voz de alarma ao 112 e este servicio de emerxencias mobilizou a Protección Civil de Valga e a un helicóptero, que se encargou de trasladar a F.G.G. ata o hospital. O home estaba consciente, aínda que tiña moita dor a consecuencia das picaduras.

DIARIO DE AROUSA, 25/07/09