Padrón homenaxea ao pintor Carlos Bóveda.

A Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón, será o escenario a vindeira semana, concretamente o venres 17 de xullo, dunha homenaxe do Concello padronés ao pintor Carlos Bóveda co motivo de cumprirse o quinto aniversario do seu pasamento.
A partir das oito e media da tarde intervirán o biógrafo Miguel Piñeiro, Camilo Rodríguez Vidal, Juan Carlos Cambas e Monserrat Alonso. Carlos Bóveda foi un anovador da pintura galega e xogou un papel crucial na escola de cerámica de Pontecesures.

LA VOZ DE GALICIA, 09/07/09

Padrón celebra a partir de mañana la quinta feria medieval, que durará tres días.

La quinta feira medieval de la villa de Padrón arranca esta tarde, a partir de las seis y media, con un gran desfile de inauguración en el que bufones y malabaristas irán acompañados de músicos medievales, realizando algarabías por todo el mercado que llenará de colorido las calles padronesas. Entre las actividades de hoy, a las ocho habrá una exhibición de cetrería a cargo de Falcóns Galicia así como, a partir de las diez y media de la noche, el espectáculo de fuego La fuerza del mal.
La cita con el medievo continuará el sábado y el domingo de modo que el primer día habrá en el Paseo del Espolón un gran torneo medieval protagonizado por especialistas. La feria está organizada por el Concello de Padrón a través de las concejalías de Cultura y Festexos.
De este modo, el gobierno padronés hizo un llamamiento a la participación, tanto de los vecinos como del sector de la hostelería.

LA VOZ DE GALICIA, 09/07/09

Incidentes nas noites da pasada semana en Pontecesures.

Na madrugada do xoves 2 ao venres 3 de xullo, un vehiculo foise contra o novo bordillo que se está a colocar fronte ao edificio da antiga Casa Loureiro, e chocou contra un aro de formigón dos que se colocan nos pozos de servizos. O aro rompeuse, e alguén do vehículo colleu un trozo de dito aro, de 2 ou 3 quilos de peso, e arroxouno contra a porta da retroexcavadora que a empresa Caamaño tiña estacionada a carón da Discoteca Maty, por mor das obras que se están a realizar na zona. Causáronse danos nos cristais da máquina. Non se identificou ao vehículo, aínda que debía levar un golpe considerable.
Por outra banda, na noite do sábado 4 ao domingo 5 de xullo, houbo unha gamberrada na praza do Coche de Pedra, actualmente en obras. Foi forzado o contacto dunha pala cargadora propiedade tamén da empresa Caamaño nas obras, e puxéronse en funcionamento as luces e o rotativo. Coa batería prácticamente esgotada personouse o empresario na zona, foi avisado pola Policía Local, para apagar o contacto.
Tamén foron rompidos, nestas pasadas noites, os enganches laterais dalgunhas vallas da obra que se está a executar nas rúas San Lois, Sagasta e Víctor García de Pontecesures.

Mañá día 9 de xullo e pasado día 10 entrevistas na Casa do Concello para contratar a 10 traballadores.

O día 9, as 10:30 horas, comezarán as entrevistas dos 7 peóns (subvención da consellería de Traballo e Benestar, con cargo aos plans de cooperación 2009). A Oficina de Emprego de Vilagarcía enviou, logo de facer a sondaxe, unha citación persoal a uns 30 traballadores/as. De entre estes, serán elixidas as persoas a contratar.
O día 10, á mesma hora, terá lugar a entrevista para elixir a 3 limpadores. Dende Vilagarcía seguiuse o mesmo procedemento citando arredor de 12 traballadores/as.
Haberá un só tribunal para os dous procesos presidido pola secretaria, Mª Trinidad Rodríguez Suárez, do que forman parte tamén coma vogais, Ricardo Campos Saborido e José Francisco Rodríguez Fructuoso.