Será ás 21:00 horas, coa seguinte Orde do Día:
1.Acta anterior.
2.Moción do equipo de goberno para aprobación e solicitude do proxecto de obradoiro de emprego elaborado para este concello.
Faise un chamamento á veciñanza para que acuda ao pleno.
Será ás 21:00 horas, coa seguinte Orde do Día:
1.Acta anterior.
2.Moción do equipo de goberno para aprobación e solicitude do proxecto de obradoiro de emprego elaborado para este concello.
Faise un chamamento á veciñanza para que acuda ao pleno.
Sairá ás 19 horas da Igrexa Parroquial. O párroco, Arturo Lores Santamaría, convidou aos integrantes da corporación municipal para asistir a este acto relixioso e para degustar un aperitivo, despois da procesión no Salón Parroquial.
Petición polas portas: 10.873,80
Donativos na conta: 2.852,00
A primeiros dese mes había en Pontecesures 344 parados inscritos nas oficinas de emprego. Pois a finais do mes pasado a cifra baixou a 323 persoas. Desta cantidade, 38 son menores de 25 anos (21 homes e 17 mulleres), e 285 maiores desa idade (114 homes e 171 mulleres).
A participación do 39,38% foi moi baixa en relación coa media galega e, sobre todo, en relación coa doutros municipos da zona.
Así en Catoira votou o 50,14%, en Valga o 49,71%, en Padrón o 47,72%, en Dodro o 52,97% e en Rois o 49,14%.
Chama a atención que non se chegara na nosa vila, nin ao 40% de participación.
Non estamos a referirnos a mergullarse nas suas augas coma noutros tempos cando de rapaces íamos a nadar ao Remol, a Presa ou a Volta. E ata en caso de apuro se bebía das suas augas cristalinas e transparentes, que así iba o río Sar ao seu paso pola vila de Rosalía, a quen o río e a incomparable beleza natural deste fermoso val tanto a inspirou.
Hoxe queremos facernos eco da satisfacción con que a maioría de padroneses e ribeireños en xeral acolleron as derradeiras informacións publicadas nos medios de comunicación, segundo das cales, por fin, parece que Medio Ambiente e coa colaboración dos concellos do entorno, dende o propio Santiago, con Ames, Brión, Rois, Padrón e Dodro, se procederá a rexeneración das súas contaminadas augas que aínda sen volver a ser o que eran, alomenos se saneen da lamentable situación en que fai anos se atopan .
E por outra banda se leve a cabo a mellora tantas veces prometida no tramo do seu curso entre Padrón, Lamas e Pazos para evitar que as habituais enchentas do río veñan a asolagar eses lugares e as fincas do percorrido.
Benvidas serán asemade as proxectadas obras de creación de pistas de sendeirismo e repoboación de ámbalas duas ribeiras do río coas árbores idóneas para fixación dos terreos, ao tempo que facilitar o hábitat da fauna piscícola da que o Sar foi sempre un dos ríos mais propicios e, ó tempo, desexados polos afeccionados a pesca con caña de gran parte de Galicia.
Así pois confiemos en que esta vez o vello e tan ansiado proxecto non tarde en verse convertido en realidade e non coma algúns mal pensados cren, que habelos háilos, fora unha de tantas promesas preelectorais que pasen de novo a encher o baúl dos recordos.
Artigo de José Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIAGO, 09/06/09