Los afectados por el polígono de Cesures alertan a Valga de una balsa de residuos.

El colectivo vecinal colocó varias pancartas contra el proyecto del parque empresarial

Una gran balsa filtrante de aguas sucias. Este es, denuncian las cerca de un centenar de familias del lugar de Redondo movilizadas ante el plan de construcción del parque empresarial de Pontecesures, el sistema que se empleará para el tratamiento de los residuos que vayan a generar las empresas que se instalen en sus 326.000 metros cuadrados de superficie. Un sistema que se situará, apuntan tras estudiar la documentación pública disponible hasta el momento al respecto, en la zona verde con la que el polígono limitará con el término municipal de Valga.

«Dicha balsa es la respuesta de la Xunta de Galicia a la falta de capacidad de la depuradora municipal de Pontecesures que se recoge en el informe medioambiental» del proyecto para la zona industrial. El propio alcalde cesureño, Juan Manuel Vidal Seage, les habría confirmado, siempre según los vecinos afectados, que esta es la salida que se está estudiando en la reunión que mantuvieron el 26 de mayo con él para trasladarles todas sus dudas y temores.

El colectivo vecinal, que ayer colocó varias pancartas en contra del proyecto del parque empresarial, lanzó una alerta pública dirigida a los valgueses con viviendas pegadas al futuro polígono y los usuarios del instituto y centro médico de la localidad de al lado. Y es que, cuentan, será en la zona verde que delimitará la separación de la futura nueva área industrial y el término municipal de Valga en la que se habilite la mencionada balsa filtrante de aguas sucias. Desde Redondo temen que los valgueses afectados hayan sido informados al respecto en base al borrador del proyecto y no al informe ambiental emitido recientemente por la Consellería del ramo. La mencionada balsa filtrante de aguas sucias recogería todos los residuos de un polígono del que, advierten los vecinos cesureños afectados, se desconoce qué tipo de actividades acogerá.

La Voz de Galicia

Os nacionalistas de Pontecesures cargan contra o polígono e agradecen o labor de Bará.

A nova da Voz recolle a nosa postura sobre o polígono. Grazas ó noso parlamentario Luis Bará pola proposición non de lei que vén de presentar no Parlamento e o noso apoio ós veciños afectados por este sinsentido.

A división do terreo en parcelas dunha superficie determinada (unha delas 61,000 M2) afianza a sospeita que esta feito a medida de empresas moi concretas por moito que o señor Seage repita nos plenos e ós propios veciños que él non sabe nada.

Se llo permitimos, borrarán e encherán de formigón unha zona chamada a convertirse no pulmón verde de Cesures, cun potencial turístico de calidade difícil de cuantificar.

A perda de calidade de vida dos veciños (contaminación acústica, ambiental e visual) e a degradación da zona urbanizada da Terroeira é indiscutible.

Quen, aínda así, xustifique a creación de postos de traballo debería considerar que o qué, con moita certeza, vai producirse aquí é o traslado de traballadores, non a creación de novos postos, nun entorno industrial que, a cambio, vai converter Cesures nunha vila fumegante e contaminada na que moi pouco xente vai querer vivir.

A cidade dormitorio na que Seage quere convertir a Cesures, idea da que falaba fai uns anos nun debate electoral en Canal Rías Baixas, está, co «ecopolígono» cada vez máis cerca.

BNG Pontecesures

Os socialistas cesureños instan a que remate a obra da cuberta do campo de fútbol canto antes.

O pasado sábado achegámonos ao campo de fútbol municipal Ramón Diéguez para ver o partido no que se xogaba o ascenso o Ulla C.F. cadete a primeira. A visita sirveu para vera situación da cuberta da grada, que sexa con chuvia ou con calor, perxudica e molesta ao público asistente, e que xa se extende por moito tempo. Tras a pregunta realizada no pasado pleno, o equipo de goberno respondeu que a paralización das obras de reposición da grada débese a quebra da empresa contratada. Agardamos que se resolva canto antes e non se alongue tanto como no caso da obra do parque do peirao (curiosamente, outra empresa contratada polo concello que tamén quebrou).
Por certo, noraboa ao Ulla C.F. cadete polo ascenso!!!

Socialistas de Pontecesures

Os escolares de Valga navegaron pola Ruta fluvial de Arousa-Ulla.

O alumnado do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Valga continúa coa súa particular inmersión no Camiño de Santiago e, enconcreto, nas distintas rutas que discorren polo municipio pontevedrés. Se hai uns días os rapaces das escolas de Campaña, Forno, Ferreirós, Vilarello, Chenlo e Xanza percorreron a pé o Camiño Portugués entre O Pino e San Miguel, onte gozaron dunha xornada moi especial na que descubriron a Ruta marítimo-fluvial da Ría de Arousa e Río Ulla.

Trátase da coñecida como Traslatio, unha Ruta pola que, segundo conta a tradición, chegaron a Galicia os restos do Apóstolo Santiago e está considerada a orixe de todos os camiños de Santiago, segundo lembran desde o Concello de Valga.

Do mesmo xeito, contan dende a organización, a xornada foi completa cunha saída pola mañá dende a estación de tren de Pontecesures ata a localidade de Vilagarcía, onde os nenos e os seus mestres asistiron a unha relaxada sesión de cine. Ao remate da película, os rapaces comeron na praia e, a continuación, subiron ao catamarán para iniciar o remonte do Ulla.

Os setenta e nove alumnos das seis escolas do CRA valgués pasárono en grande na cuberta da embarcación, gozando coa experiencia e coas paisaxes ao tempo que lles explicaban os distintos lugares polos que ían pasando na súa navegación O desembarco tivo lugar no pantalán da praia fluvial de Vilarello, onde as familias os estaban agardando.

El Correo Gallego

O alcalde postúlase como vixía da legalidade do polígono empresarial de Pontecesures.

Vidal Seage replícalle ao BNG que inda quedan moitos informes técnicos previos antes de poder opinar sobre a conveniencia da elección da zona para o proxecto 

O alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, recoñecía onte, ao ser preguntado pola cuestión por este xornal, non ter coñecemento inda de primeira man nin do fondo nin da forma da proposición non de lei que o BNG vén de presentar no Parlamento de Galicia solicitando a suspensión da tramitación do futuro polígono empresarial da localidade do Baixo Ulla, na zona da Terroeira. Unha petición que a formación nacionalista sustenta en dous argumentos principais e conectados entre si: a ausencia inda dun informe de Augas de Galicia pese á inclusión dunha zona húmida nos 326.000 metros cadrados sobre os que a Xunta de Galicia dimensionará a nova zona industrial. Mais Vidal Seage non precisaba coñecer a redacción do texto da proposición do BNG para considerar «prematura» a iniciativa en contra dunha dotación que o concello precisaría como auga de maio.

«A min gústame falar con datos contrastados, e neste momento da película, cando non hai máis ca un estudo de impacto ambiental no que se informa de que non vai haber menoscabo medioambiental na contorna, sen datos contrastados inda sobre niveis de inundacións, de ruídos, paréceme prematura» a iniciativa parlamentaria do BNG, sinala o rexedor cesureño.

Neste punto, Vidal Seage lanza unha mensaxe de tranquilidade á veciñanza do concello e, sobre todo, da que lle toque lindar co futuro polígono industrial, postulándose como o primeiro garante de que todo o que se acabe facendo se realice conforme a máis estrita legalidade: «Vanse precisar moitos máis informes sectoriais antes de facer o parque empresarial. Vai haber un informe de Augas de Galicia, evidentemente. Teremos que ver as solucións técnicas para que esa zona húmida afectada sexa drenable. Este alcalde vai vixiar o cumprimento de toda a normativa medioambiental. Calquera que teña interese neste proxecto ten a posibilidade de presentar alegacións. E o propio Concello, se ve que hai algo prexudicial para a súa veciñanza, presentará alegacións».

Sobre a insinuación do BNG da posibilidade de que xa haxa titular para unha parcela de 61.000 metros cadrados, Vidal Seage asegura que neste momento «non hai nin proxecto de parcelación». Lembra que non é o Concello, senón Xestur Galicia, ente da Xunta, quen promove o polígono. Con todo, engade: «A min bombardéanme a chamadas un montón de empresas, e a ninguén se lle escapa que a nosa é unha comarca de monocultivo industrial do aluminio»

La Voz de Galicia.

«Falamos de poder prescindir do coche para ir traballar»

«Cando afortunadamente hai unha gran demanda de instalación de empresas, cando empresarios locais me din que teñen que marchar a Padrón ou a Cuntis por non ter espazo no concello, faise un fraco favor xerando este tipo de incerteza», declara o alcalde de Pontecesures referíndose á petición do BNG de suspender o proxecto do polígono industrial. Unha iniciativa estratéxica en opinión de Vidal Seage, por canto, sinala, se está a falar da posibilidade de: «Un parque empresarial periurbano. Coas axudas europeas orientadas á mobilidade non contaminante, sendo o prezo da vivenda no noso concello accesible, falamos de poder ofrecer vivir en Cesures prescindindo do coche para ir traballar a carón da casa».